Martes. 16.04.2024
El tiempo

Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica

Impacto dos Eolicos nos Penedos de Traba e Pasarela
Mapa e simulación do impacto dos Eólicos nos Penedos de Traba e Pasarela
Civismo e cultura únense para salvar os Penedos da invasión eólica

Este sábado 22 de maio volve a poesía aos Penedos de Traba e Pasarela. Como fixera hai 15 anos, a poboación civil únese arredor da cultura para defender unha paisaxe especiai. Nada máis coñecer o proceso de avaliación de impacto ambiental do proxecto do futuro parque eólico de Monte Chan e Pena dos Mouros, creouse a Plataforma Salvemos os Penedos formada por varias asociacións culturais e ecoloxistas, así como por persoas a título individual, coa finalidade de opoñerse a este desacertado proxecto.

O Colectivo non entende este “atentado contra este conxunto xeolóxico e paisaxístico único, que representa un dos principais bens patrimoniais dos concellos de Laxe e Vimianzo, pero tamén da Costa da Morte e de Galicia, e que supón un recurso fundamental para o desenvolvemento da zona”.

Resulta estrano ademais cando a Xunta vén de reactiva o Plan de Xestión dos Penedos de Pasarela e Traba, paralizado tras 12 anos, gracias ao impulso dos Concellos de Vimianzo e Laxe, nunha iniciativa totalmente incompatible coa instalación de calquera parque eólico.

Comezaron cunha colleita de sinaturas que chegou ás 4.000. Continuaron presentando alegacións. E a nova proposta é cultural, co recital Poesía polos Penedos que se desenvolverá este sábado 22.

Confirmaron a súa asistencia Rosalía Fernández Rial, Arancha Nogueira, Estevo Creus, Helena Salgueiro, Modesto Fraga, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio López Valcárcel e Miro Villar, pero seguro que hai algún máis que estará ás ordes do escritor, músico e comunicador, Xurxo Souto, que guiará o acto.
Rematado o recital, e despois dun pequeno descanso, que se aproveitará para tomar un bocata ou algo similar, iniciarase a Ruta polos penedos, guiada polo xeólogo e profesor Juan Ramón Vidal Romaní, que conducirá aos visitantes a gozar das singulares formas graníticas que nos mostran algunhas das rochas deste parque máxico.

Durante o acto a Plataforma fará entrega destes folletos informativos.

Folleto salvemoSOSpenedos copiaFolleto salvemoSOSpenedos 2

Novas sobre Os Penedos de Traba e Pasarela

Novas sobre eólicos

Comentarios