Luns. 09.09.2024
El tiempo

O paseo marítimo de Malpica estará listo en xuño

O paseo marítimo de Malpica estará listo en xuño
Obras no paseo de Malpica-Foto-Fran Varela Saleta

Xa vimos as consecuencias dos temporais en Malpica. Se os ”Qumaira” xa deixaran un regueiro de desfeitas, o que conseguía o temporal “Cristina” tamen foi de traca. Unha das consecuencias foi o destrozo do paseo marítimo, que estes días xa está en plenas obras.

Falamos con Miguel Ángel Fernández Mirás, concelleiro de obras Malpica e alcalde en funcións estes días, que nos conta que as obras comezaban con normalidade a semana pasada e que esperan que o paseo, e a praia, estea listos para o mes de xuño.

A obra, que ten un investimento de 450.000€ aportados por Costas en compensación polos destrozos da marea de temporais que invadiron a bisbarra. As obras consisten en ir desmotando o muro para ilo recuperando pero a realidade é que non se sabe ata onde pode estar desfeito, polo que as obras se poden alongar.

O prazo de execución é de tres meses para facer esta obra, pero dende o Concello aseguran que hai máis cousas que se farían despois do verán. Obras que "xa nos contarán sobre a marcha", segundo o edil.

Máis temporais na Costa da Morte

Novas interesantes

Fonte

Comentarios