Luns. 29.04.2024
El tiempo

#SoandoconForza: Vai por ti, Niño Punk

Pablito ó baixo durante o concerto de Day Trippers no festival Tralla de Malpica, verán 2000
Pablito ó baixo durante o concerto de Day Trippers no festival Tralla de Malpica, verán 2000
#SoandoconForza: Vai por ti, Niño Punk

Despois de unha longa enfermidade, o xoves 4 de abril deixounos o noso colega ¨Niño Punk¨.

Pablito de Malpica, como se lle coñecía en Carballo e arredores, era unha persoa moi ligada e activa na música, tanto aquí na Costa da Morte como na Coruña e nas súas etapas en Madrid ou Barcelona, onde chegou a estar na organización de festival Rayos Uva Fest.

Alá por 1999, xurdía en Malpica a banda Day Trippers, coa seguinte formación:

  • Pablito, baixista.
  • Adrián Blanco, guitarra.
  • Cuevas, batería.
  • Dani de Lito, cantante.
  • Máis tarde uniríase David Cambón como segundo guitarra.

No verán do 2000, Day Trippers tocan no festival Noite de Rock Tralla de Malpica, onde comparten cartaz con Xenreira, Matando Gratix e Narco.

A formación sufre cambios, coa saída de Cuevas da banda, Dani de Lito pasaría á batería e despois de probar con varios nomes, deciden comezar esta nova etapa como Los Justicieros.
Tempo despois, Pablito tamén acabaría deixando a banda.

Como picadiscos, foi asiduo das cabinas da Roda e o Submarino en Malpica, en Madrid da do Freeway de Malasaña, xunto con Lorena como Chulapos dj´s .En Carballo como Chulapos, tamén pincharon en bastantes ocasións no Cosmic. Ademais de pinchar en festivais como o Sereas e Piratas en varias edicións e no Xiria Pop.
Ultimamente preparaba podcasts de cine baixo o nome, Palomitas y Ketchup.

Vai por ti, Niño Punk.
Unha aperta para a familia, parella e amigos.

Grazas a Adrián Blanco pola info e fotos.

OUTROS CUESTIONARIOS DE MAIKLE PÉREZ CASTRO

MÁIS PARECIDOS RAZONABLES

CARA B

#SOANDOCONFORZA

 

Comentarios