Venres. 04.10.2024
El tiempo

Denuncian que as gaiolas de salmón puideron traer un molusco invasor

Denuncian que as gaiolas de salmón puideron traer un molusco invasor
Molusco invasor Cumanotis cuenoti que deixaron en Muros as gaiolas de salmon tompadas por Jacinto Perez 2

Atentos todos os mariñeiros da zona de Muros, pois as novas que nos chegan dende Ribeira non son moi alentadoras. Os compañeiros de Certo alertan de que o Grupo de Estudio do Medio Mariño (GEMM) vén de atopar en augas da ría de Arousa uns moluscos invasores que aínda non se viran en toda a península.

O Cumatotus cuenoti foi atopado nas inmersións do grupo da Barbanza, como vemos na imaxe, e ata o de agora só se coñecía en augas de Noruega, Irlanda, Inglaterra e Italia.

Así, os membros do GEMM asocian este molusco a estruturas experimentais de cultivo de salmóns o que fai supor que foi trasladado nos mesmos tanques que serviron para o traslado destes peixes dende augas Noruegas.

Os investigadores advirten da necesidade de realizar estudos "escrupulosos" de impacto ambiental antes de introducir cultivo mariño ningún.

Dende a Asoar Armega, que a semana pasada conseguía falar con unha Comisión Europea sobre este tema recoñecen a súa preocupación por este asunto, e consideran que "o tema é grave e pode ser a ruína das nosas rías".
"Estamos intentando conseguir información deste Grupo, pero polo que vemos esto vén rubricar todo o perigo dos informes que levamos presentando sobre as gaiolas de salmón", engadíronnos.

Un proxecto ademais que vén de demostrar o seu fracaso cando segundo nos informan dende a Asoar "as gaiolas non ten peixe dende hai meses, non hai xente traballando..."

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte

Comentarios