Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG denuncia a caducidade da concesión das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia

O BNG denuncia a caducidade da concesión das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia

  Daniel Rodas, portavoz de pesca do BNG no parlamento, visitou a costa de Louro acompanado de Manu Garcia e Irati Garcia
Daniel Rodas, portavoz de pesca do BNG no parlamento, visitou a costa de Louro acompanado de Manu García e Irati García

Daniel Rodas -portavoz de pesca do BNG no Parlamento - visitou onte as ría de Muros e Noia onde criticou "a caducidade da concesión experimental para a instalación das gaiolas de salmón" situadas na costa de Louro. Rodas expuxo que "dita concesión ten unha vixencia máxima de tres anos", polo que unha vez vencidos, corresponde concluír a concesión. Segundo indicou o nacionalista, os compromisos de dita concesión, de producir entre 3.000 e 4.000 toneladas e a contratación de 109 empregos directos contratados nos concellos de Muros, Noia e Porto do Son, "quedaron en auga de borralla". Na sua rolda de prensa critiou tamén que a empresa concesionaria - “North West S.L.” -vendeu durante a vixencia da concesión ás gaiolas a unha terceira empresa, e despediu ao pouco persoal que contratara. Ante esta situación, dende o Bloque Nacionalista Galego entenden que se debe de dar por finalizada dita concesión e, en consecuencia, retirar as gaiolas da ría de Muros tal e como solicitaron en outras ocasións.

Saneamento

Daniel Rodas expuxo a necesidade de levar a cabo un plan de Protección da Ría de Muros e Noia que impida e inmersión de moluscos procedentes doutros sitios, que podan ocasionar a contaminación da ría coa bacteria “Martelia”, que está a provocar a mortandade de bivalvos nas outras rías. Asi mesmo, o portavoz sinalou a importancia de apostar por un plan de produción de semente autóctona. "Desde o BNG queremos saber cales foron as razóns polas que se ten pechado o “hachery” do Freixo, exiximos un saneamento planificado da conca do Tambre, e esiximos da Xunta de Galiza a obriga de contar cun protocolo de actuación na demarcación Galiza-Atlántico para que os aliviadoiros dos embalses se realicen coordinadamente con Mar, de xeito que non coincida coa marea baixa e ocasione a mortandade dos moluscos por unha caída brusca da salinidade" indicou Rodas durante a roda de prensa. Ademais recalcou que a promesa de conceder 300.000 euros para unha dragaxe de 1’5 metros "segue a ser o mesmo compromiso que nas eleccións municipais de 2015". Gaiolas de Salmon de Muros
Gaiolas de salmón na ría de Muros. Imaxe de arquivo

Daniel Rodas aproveitou a ocasión para criticar ao goberno do PP por " non comprometerse durante estes sete anos co apoio á pesca artesanal". Para o nacionalista unha proba evidente foi o último orzamento "nde a Xunta de Galiza vinculou 18 millóns de euros á acuicultura intensiva, antes de aprobar o anteproxecto de lei de acuicultura, o que provocou a unidade de mobilización do sector do mar". Pola súa banda, Irati García - do BNG de Noia - destacou a preocupación do sector marisqueiro noiés co tema da dragaxe da ría, e lamentou que o executivo de Noia non atendera a moción presentada a este respecto. A portavoz municipal, aproveitou a rolda de prensa para poñer en coñecemento a actividade que o próximo domingo día 5 de xuño se levará a cabo no areal de Boa Grande, no concello de Noia, que consistirá na recollida de plásticos e demais lixo que trae o mar as nosas costas, e que se enmarca dentro das actividades do Día mundial do medio ambiente. O portavoz municipal en Muros, Manu García, mostrou a satisfacción pola apertura dun expediente de Costas aos titulares da Illa da Creba, despois de varios meses insistindo no pleno da corporación sobre este asunto. Ditos propietarios levaron a cabo presuntas obras ilegais na mencionada illa. Así mesmo, Manu García anunciou que o BNG promoverá actuacións que finalicen coa devolución do espazo da Illa da Creba ao seu lexítimo propietario, o Pobo de Muros. Tamén anunciou o portavoz municipal a presentación dun plan de dinamización do casco histórico da vila, despois de que durante o primeiro ano de goberno, non houbera avances significativos na posta en funcionamento dos locais baleiros da praza de Abastos, e no abandono constante de baixos comerciais.

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte

Comentarios