xoves. 01.05.2025
El tiempo

Kepa Junkera e Susana Seivane, cabezas do cartel do XIX Asalto ao Castelo de Vimianzo

Kepa Junkera e Susana Seivane, cabezas do cartel do XIX Asalto ao Castelo de Vimianzo
Kepa Junquera e Susana Seivane no Asalto ao Castelo 2014 copia

Era un segredo a voces, difícil de manter no tempo dada a calidade e sona dos compoñentes musicais que fundamentan a noite de concertos do sábado 5 de xullo en Vimianzo. Malia ter previsto anunciar todo o programa en conxunto na Gala-Casting do 31 de maio, a organización anuncia xa que o acordeonista vasco Kepa Junkera, xa un clásico da Costa coas súas visitas a Pazos de Merexo, e a gaiteira coruñesa Susana Seivane farán vibrar o campo da festa, facendo que o folk galaico sexa de novo o xénero predominante desta cita.

Dúas grandes apostas para asentar o festival musical, unha das patas básicas nas que se fundamenta esta singular festa, coa representación teatral, Feira artesanal e a Cea Medieval.

Kepa Junkera

Con 14 álbums, 8 singles e numerosas colaboracións con artistas de todo o mundo as súas costas, Kepa Junkera é un dos músicos máis internacionais do País Vasco. Os seus traballos discográficos, improvisacións e fusións de estilos revolucionaron o mundo da música.
Agora vén a presentarn o seu último traballo chamado Galiza. Sons de Galicia mesturados coa txalarpa, a trikitixa, irrintzis, pandeiretas vascas... un traballo espectacular en todos os sentidos.

Susana Seivane

Hoxe é unha das grandes estrelas galegas xurdidas do boom da música folk. Comezou a súa andaina da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada por mestres gaiteiros. Co paso dos anos, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Presentaranos o seu último traballo, Os soños que volven: con melodías da súa infancia é a banda sonora da súa nenez.

Máis información

Novas relacionadas

Axenda Sonora

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios