Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Ana Pérez Imia: "Ponteceso non merece a un ditador como alcalde"

Unha das concelleiras directamente afectadas pola gravación ilegal do vídeo no despacho da alcaldía de Ponteceso, Ana Pérez Imia, quere enviar o seu comunicado sobre a crise que se vive no seo do PSOE pontecesán.
Ana Pérez Imia: "Ponteceso non merece a un ditador como alcalde"

Ana-Perez-Imia Concelleira en Ponteceso copia

Xa hai 10 días que Ponteceso comezou a ser o centro de atención no tema político comarcal e seguimos sen aclarar ningún punto. A situación dentro do goberno é clara, Lois Carballido conta con 3 apoios de 13 dentro do pleno e segue optando polo silencio en lugar de aclarar os feitos ou de retirarse a docencia exclusivamente.

Por parte do Partido Socialista a situación non mellora, optan por estar caladiños e mirar para outro lado, anuncian publicamente que se nos abrirá expediente aos protagonistas dos vídeos pero oficialmente aínda non nos consta ningunha notificación. O tema de Ponteceso non vai con eles porque, como ben nos dixo o Presidente do Comité Provincial no seu día, "Ponteceso es una casa de ..." e logo colgounos o teléfono, ata hoxe.

Está claro que o que lle importa é o señor Carballido, e os díscolos, entre os que me inclúo, non somos máis ca unha tormenta que pasará como pasou o Hortensia no seu día. Despois de todos os episodios nos cales o protagonista usa uns métodos de goberno cuestionables e dictatoriais (agora con nós, na anterior lexislatura, cos empregados do Concello no seu momento e coa executiva local que deixou patas para arriba) siguen permitíndolle e apoiándolle todo coma se fora un deus e o socialismo na zona dependese solo del. Pero se pensan en volver a repetir o resultado mostrando ese apoio aos veciños permítame dicirlles que Ponteceso non merece a un ditador como alcalde e espero que non sigamos sendo vítimas del.

Táchenme de interesada, agora xa case estou aprendendo a ser coma os políticos, coa única diferencia de que eu non antepuxen ningún interés persoal aos intereses do pobo, traballei o que vai de lexislatura de forma altruista coma se de unha ONG se tratase mentres Carballido embolsaba 4000€ mensuais. E, coma min, os meus compañeiros de vídeo. Apoiamos a baixada de soldo porque era desmesurada e certo é que nós a aprobamos no seu momento, sendo vítimas de como as gasta este personaxe.

Invádeme a dúbida na estratexia que segue, cando aínda nos mantén no grupo de goberno, con áreas asignadas, a uns "chantaxistas" e "extorsionadores", sen denunciar tales feitos nun xulgado. Recordo moitas reunións para intentar endereitar o tren, moitas mensaxes sen resposta pedíndolle explicacións. Pero vostede é o Alcalde e para nada ten pensado cambiar.

Nunhas declaracións comentaba que foi un erro levarnos la lista. Totalmente, para vostede e para nós, pero xa que iso pasou, a miña intención é seguir apoiando o mellor para os veciños, ser a súa voz nos plenos, aprobar e propoñer o desenvolvemento e unha boa calidade de vida no municipio e opoñerme a calidade duns poucos freando os procedementos turbios que este señor presente.

Como din os compañeiros, agora hai que aguantar e pelexar así que, non queda outra.

  • Ana Pérez Imia.
 

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios