sábado. 09.11.2024
El tiempo

O CSIF e Protección Civil tamén cargan contra Carballido

  • Os edís contrarios piden á Provincial do PSdeG que se abra expediente a Carballido
PROTECCION CIVIL PONTECESO COMUNICA copia
Protección Civil de Ponteceso lamenta que o alcalde traslade as súas liortas políticas á Agrupación
O CSIF e Protección Civil tamén cargan contra Carballido

Continúa moi quente a crise de goberno en Ponteceso, ata o punto de o sindicato de traballadores CSIF (o maioritario) e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil tamén se manifestan. E fano para criticar a actuación do alcalde, Lois Carballido.

CISF valor acodir á Xustiza

Ata o momento non se teñen pronunciado, pero ante a petición dos traballadores, o CSIF quere dar conta de que a gravación con cámara oculta dentro do despacho da alcaldía “xerou gran preocupación nos traballadores/as, dado que se descoñece si hai ou houbo cámaras ocultas, e en caso afirmativo, onde están colocadas, e si realizáronse grabaciones, quen dispón desas imaxes e con que finalidade”.

Os traballadores aseguran estar “valorando as posibilidades legais existentes, tendo en conta, que se está vulnerando a LPD, o dereito á información e intimidade dos traballadores/as e, en tal caso, proceder á defensa dos mesmos”.

Protección Civil: “Carballido traslada ás súas liortas a nosa Agrupación”

Modesto Parga, que encabeza a Directva da Agrupación de Protección Civil de Ponteceso, quere dennunciar “a precariedade total actual da Agrupación ao serlle retirados polo Alcalde os vehículos destinados ás emerxencias e demais servicios”. “Esta drástica medida do Alcalde, que imposibilita a labor prestada pola Agrupación ós veciños, máis que nunca precisa nestes momentos de repunte da pandemia, é debida a presenza de parte dos Concelleiros críticos con el na Directiva da Agrupación, extendendo ó problema no Concello directamente ós veciños”.

Parga lembra as máis de 5.000 horas de servizo que levan neste ano, en tempos de crise, dende a crise da auga de Corme, pasando polo confinamento. Parga agradece a colaboración de cada voluntario, agás do que tamén se define como voluntario Lois Carballido, “porque no primeiro operativo do Covid 19 ,acordado na xuntanza do Gabinete de Crisis el e mais a voluntaria Noelia Varela, non se presentaron a facer o servizo, demostrando que nada lle importaba a saúde dos veciños, só se escondían detrás da pantalla do ordenador con mascarilla, pero si buscando a foto para o día siguiente”.

Os edís cargan contra o PSOE

Así mesmo, os edís contrarios ao alcalde lamentan que a Provincial do PSOE lles abrise expediente sen preocuparse da gravidade de gravar con cámara oculta dentro dunhas instalacións municipais. Por iso esperanque recollan a petición de incoación de expedientes disciplinarios contra Xosé Lois García Carballido. “Non todo vale”, denuncian, “porque quizáis ante a gravidade do asunto e das acusacións, un despacho público polo que pasan traballadoras e traballadores, veciños e veciñas, o partido buscaría saber quen pon as cámaras a gravar nas dependencias municipais e quen pasa eses vídeos a este xornal... quizais un partido con máis de 140 anos de historia no que creíamos atopar valores como transparencia, igualdade e respeto…”

Lamentan que a Provincial nin sequera pregunte a súa versión.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios