Luns. 09.09.2024
El tiempo

Os trasnos invadirán Ponteceso para a 2ª etapa do Camiño dos Faros

Os trasnos invadirán Ponteceso para a 2ª etapa do Camiño dos Faros
2 etapa Camino dos Faros

Arrincaba hai 2 domingos a cuarta edición do Camiño dos Faros, a que pretende afianzar este recurso turístico incomparable, convertíndoo nun referente de respecto á natureza. E xa foron Medio millar os trasn@s os que percorreron o litoral malpicán.

Nesta 2ª etapa, que se terá lugar o domingo 14 de setembro a partir das 9:00h, percorerrán os 26 quilómetros que separan as vilas pontecesáns de Niñóns coa capital, disfrutando “dunha paisaxe a cada paso”, como reza o lema trasn@.

A quedada será ás 9:00h na Praza de Ponteceso, dende un bus de Autocares Pedro Pombo (por 3€) levará aos trasn@s a Niñóns, e así ao final de etapa, arredor das 19:30h, poderán marchar directamente nos seus vehículos.

Veranse lugares tan incribles como a Praia de Barda, o Faro Roncudo, Corme, Valarés… ou ese máxico final baixando polo Monte Branco, o esteiro do Anllóns e as vistas privilexiadas da Illa Tiñosa e de toda as dunas e a praia de Barra, nun quilómetro de deserto en plena ensenada dá Insua, lugar de gran importancia ornitológica.

Calendario da 4ª edición do Camiño dos Faros

As etapas desta cuarta edición faranse os domingos, para que os que traballan os sábados poidan participar. Irémolas facendo cada 15 días para acabar o 6 de Decembro en Fisterra.
  • Domingo 28 SEP: Etapa 3: Ponteceso-Laxe.
  • Domingo 12 OUT: Etapa 4: Laxe-Arou .
  • Domingo 26 OUT: Etapa 5: Arou-Camariñas.
  • Domingo 9 NOV: Etapa 6: Camariñas-Muxía.
  • Domingo 23 NOV: Etapa 7: Muxía-Nemiña.
  • Domingo 6 DEC: Etapa 8: Nemiña-Cabo Fisterra.

Máis información

Novas relacionadas

O Camiño dos Faros por etapas

Fonte

Comentarios