Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Para que son os 300.000€ de recoñemento extraxudicial que quere volver aprobar Carballido?

Lois Carballido alcalde de Ponteceso
Lois Carballido, alcalde de Ponteceso
Para que son os 300.000€ de recoñemento extraxudicial que quere volver aprobar Carballido?

O pleno que este xoves 26 de novembro terá lugar en Ponteceso vai levar na orde do día un dos asuntos que aumentaron a crise do grupo de goberno. O alcalde Lois Carballido volverá levar á orde do día a aprobación dun crédito extraxudicial de 300.000 “para pagar facturas a proveedores”. Un crédito que os seus propios compañeiros e a oposición xa tumbaron hai unhas semanas, e que curiosamente se realizaba, practicamente nos mesmos termos, o ano pasado. O pasado xullo de 2017, o alcalde nin sequere se presentaba no pleno e eran os agora ex compañeiros os que tiñan que explicar para que servía ese recoñecemento de crédito extraxudicial.

Hoxe, na previa, os 5 edís aínda socialistas e contrarios ao seu propio alcalde, queren dar conta da súa opinión ao respecto, sen adiantar se van ou non apoiar o punto.

Lembran que unha terceira parte deses 300.000€ “corresponde a proveedores locais, na cal estamos totalmente de acordo no seu pago xa que o que traballa quere cobrar e máis coas necesidades actuais”.

Pero explican que “o que non conta o señor Carballido é que os outros 190.000€ son froito da mala xestión, pois van incluídos:
- 47.000€ das obras do Pinguel e o Cairo que tanto anunciou que facía cun remanente froito da boa xestión;
- 25.000€ para a xestión dos residuos urbanos e Punto limpo. Por que non ten unha partida presupuestaria para esto, entendendo que é un gasto regular e básico?
- 37.000€ para gastos no servicio de augas (de 2019) do cal quere quitar partida para facer fronte as demais facturas.
- 20.000€ para o pago das luces de Nadal do ano pasado.
- 20.000€ para gastos de enerxia e teléfono no Concello, que tamén entendemos que son gastos de caracter básico e para os cales é sinxelo facer unha prevision de gasto”, valoran.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios