Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14


Medidados de século XV e seguen os nobles dominando as Terras de Soneira dende o impontente Castelo de Vimianzo. Pero hai un ruxe-ruxe polo Val, algo se rumorea. Parece que as bravas xentes da Cherinkas están preparando unha nova Revolta Irmandiña. Lumeeeee!!!
Xa van varios meses, e o sabemos de boa tinta, que as xentes do Asalto ao Castelo de Vimianzo están en marcha. Pero esta é a primeira comunicacion pública de cara á edición número 19 desta singular festa. I é que xa está aberto o prazo para inscribirse na IV Feira Artesanal do XIX Asalto ao Castelo de Vimianzo.
Xa cunha boa marca fixada na #AxendaCostadaMorte para 5 de xullo deste 2014, unha das premisas deste ano para os bravos da A. X. Cherinkas é potenciar a IV Feira Artesanal. Encadrada no programa de actividades do Asalto ao Castelo, volverá a ter cabida na praza do Concello e na rúa Vázquez Mouzo e contará cos atractivos derivados da ampla variedade artística que animará esa zona en todo momento.
Esta Feira Artesanal, seguirá gozando de difusión e asentándose cada vez máis na memoria da xente que en cada edición nos visita en maior medida e terá presenza en todos os soportes informativos da festa. A actividade encaixa á perfección co espírito do Asalto, por canto esta festa se basea na tradición, e os asistentes –a maioría axuda a recrear a historia vestíndose de época– encontrarán na Feira outro motivo máis de homenaxe aos tempos pasados, afastados das novas tecnoloxías.
Paralelamente, este ano, a representación vai traer algunha que outra novidade. Dende a Cherinkas andan na procura dun novo director da posta en escena, unha vez que Ghillermo Méndez decidíu descansar este curso, i é que a dedicación que lle metía esixía demasiado. Os actores fican tristes pola falta do seu xefe, pero esperan que a obra quede en boas mans, como de seguro que así acontecerá.
Ademais, non podemos desvelar nada, pero o Festival este ano vai traer moita cola…
Máis información e inscrición
Existen dúas vías de inscrición: unha de forma telemática a través da ficha que está colgada na páxina web da festa www.asaltoaocastelo.org e outra de forma presencial no Departamento de Cultura do Concello de Vimianzo (Casa de Cultura de Vimianzo) onde atoparán os formularios de inscrición impresos (os cales tamén os poden descargar por si mesmos na mesma páxina web). Para máis información info@asaltoaocastelo.org ou 665957289.
Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2013: Os mellores Pinchos Irmandiños xa teñen premio.
- Asalto 2013: O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Axenda Sonora
- O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data.
- Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés.
- Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival.
- Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).