Venres. 11.10.2024
El tiempo

O Asalto prepara a súa Cea Medieval

Cea Medieval do Asalto AO CASTELO
O Asalto prepara a súa Cea Medieval

Imos coñecendo durante este mes de maio todas as aristas que xera o Asalto. Xa fumos coñecendo datos do festival musical, da Feira de Artesanía ou da singular representación teatral que este ano se chama VIMIANÇUS. Pero outra das citas máis importantes desta xa Festa de Interese Turístico Galego é a Cea Medieval.

Unha Cea para que a organización abre hoxe as entradas, e tememos que van durar pouco, así apresúrense a collelas. Este festón no foxo do castelo, ao que hai que acodir disfrazado, con xantar de época, terá lugar o venres 1 de xullo, e que ademais terá animación musical co gran Cé Orquestra Pantasma..

Hai afoto limitado, así que os primeiros que poden pedir son patrocinadores e colaboradores, até o 22 de maio. O número máximo de entradas que se poden comprar é de 4 por persoa. As entradas terán que ser solicitadas a través dos seguintes medios [email protected] ou 607322430 – preferiblemente por Whatsapp.

A partir do 23 de maio e até esgotar existencias poranse en venda as entradas que queden libres, a través de www.enterticket.es.

Novas do Asalto

 

Comentarios