Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Fase de Ascenso á 1ª: O Palmeira araña un punto ante un superior Zas

Fase de Ascenso á 1ª: O Palmeira araña un punto ante un superior Zas
O Palmeira arrincou un punto de Zas-Foto-Alejandro Mel

Primeiro partido do Zas nesta 2ª xornada da Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. E o cadro de Iván Cancela deixouse un par de puntos, tras ser moi superior ao Palmeira. En todo caso, dá a sensación que este Zas pode facer moito, pois o Palmeira é o líder tras vencer na primeira xornada e o Zas demostrou ser mellor equipo.

Ademais, parece que o vídeo de motivación vai tendo efecto.

En todo caso, espera Iván Cancela rematar esta campaña levando ao Zas á 1ª Autonómica, despois de anunciar que non seguirá o ano que vén, pois será o novo adestrador do XSC.

Zas - Palmeira (1-1)

  • ZAS: Rizos, Josito, Pereiro, Isma, Vecino, Canedo, Peke, Dani (Diego, min.86), David Blanco, Manu (Pablo, min.78)e Álex Flores.
  • Goles: 0-1, min.53: tras un córner; 1-1, min.77: Vecino.
O Capi do Zas Pereiro co do Palmeira e os colexiados_Foto-Alejanxdro Mel

Boa entrada en San Andrés con 250, a meirande parte da casa pero cunha vintena de ruidosos afeccionados do Palmeira que fixeron tamén a tarde máis vivida.

Comeza o Palmeira enviando alto por riba da meta local, pero aos 10 minutos xa tomaba as rendas o equipo de Iván Cancela, que foi moi superior e fallou ocasións de todas as cores. Pedían penalti por mans aos 10 minutos, e pronto Dani obrigaba ao meta visitante a facer un paradón. Antes do descanso David e Manu tamén avisaban.

O dominio intensificábase na segunda metade, na que o Palmeira pegou un baixón. Pero o seu porteiro estivo espectacular e pararon moito o partido con temporizacións en cada balón que saía fóra ou lesións, o que lle custou varias tarxetas. O Zas estivo moi ben co balón e enlazou ben entre liñas facendo dano ao Palmeira, pero faltou esa estocada final.

David Blanco falla un penalti ante o Palmeira-Foto-Alejandro Mel

Era o Palmeira o que se adiantaba na segunda, pronto, tras un córner. Tocaba remar e a afección zaense volcouse. David Blanco tiña un man a man, e pouco despois falla un penalti cometido sobre Isma. Pero Vecino facía a igualada pouco despois, aínda con tempo. Aínda tivo a vitoria o Zas, pero Josito esvarou, o tiro Canedo foi atallado polo porteiro, e Álex intentou unha chilena que non le saíu.

Zas-Palmeira da Fase-Foto-Alejandro Mel

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Comentarios