Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Aquacenit mantense no máis alto

O Aquacenit mantense no máis alto
Familia do Concello de Zas Aquacenit e do Concello de Zas O Gaiteiro

Queda na 8ª praza da 3ª Nacional o Anorthosis logo dunha vitoria esperada pero demasiado abultada ante un dos favoritos.
En 1ª Galega, cara e crus para os equipos costeiros: o Concello de Zas Aquacenit está líder, mentres que o Gaiteiro pecha a clasificación.

3ª División Nacional, Grupo Norte

  • Ferrol TM - Anorthosis Vimianzo 6-1 (19-7).

Moi abultada a derrota do Anorthosis ante o favorito deste Grupo Norte. E dicimos moi abultada porque o Anorthosis mereceu máis premio polo bo xogo realizado, sobre todo Gonchi que perdeu 3-2 contra Andrés Nodar (considerado o mellor xogador deste grupo).
Demostrou o Anorthosis que ten un dobre potente (Gonchu e Roi) e que gañará moitos partidos. Agora só falta aumentar un pouco a confianza e veremos os bos resultados, aínda que estes tarden máis de un mes pois ata o 11 de xaneiro non volven a xogar competición de liga, polo descanso das vindeiras xornadas e do nadal e mentras tanto a entrenar.

1ª División Galega Grupo Centro

  • Concello de Zas Aquacenit - Hípica Coruña 5-2 (18-8).
  • Concello de Zas O Gaiteiro - Hípica Coruña 1-6 (8-20).

En 1ª división galega esperada a vitoria do Concello de Zas Aquacenit que se relaxou no dobre, ía gañando 2-0 e 9-6 no 3º set para logo perder 3-2 e iso fixo coller moral aos herculinos e logo pablo Cristobal encontrou a un Chris Roy aínda frio e cando este se deu conta xa perdera o partido, logo Andrés Fagín e Miguel Rey puxeron as cousas no seu sitio.
No outro encontro foi máis igualado do que reflexa o marcador. Moi ben Martín Pérez que gañou o seu partido e xogou pletórico o dobre, despois deixou o seu sitio a Andrés Bouzas que non foi quen de superar a veteranía de Pablo Cristobal.

2ª División Galega Grupo Centro

  • Concello de Zas O Pinar - Liceo Noia "E" 0-7 (4-21).
  • Construcciones Cernadas - Liceo Noia "E" 0-7 (0-21).

En 2ª división galega moi superiores os xogadores da canteira de Noia sobre os de Zas. Terán que entrenar máis e poñerse as pilas nos partidos.
O Pinar queda na 6ª mentres que o Cernadas non coñece a vitoria e queda de último.

Máis información

Novas relac
  • Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo.
  • ionadas

    Fonte

    • Nota de prensa de Estevo Lema.

    Comentarios