Roberto Mouro, de Reale Seguros, explica os últimos bulos da rede sobre as aseguradoras
Seguimos falando nestes días de corentena, sobre a crise sanitaria e as súas consecuencias. Nestes días de incerteza, queremos falar con Roberto Mouro, de Reale Seguros Baio-Zas e Santa Comba, para discernir eses bulos que corren pola rede da realidade do mundo das aseguradoras.
- QPC: Como estás levando esta situación? Traballas dende casa ou mantedes a atención na oficina?
En primeiro lugar quero transmitirlles a toda a ciudadanía o noso agradecemento pola comprensión, colaboración e responsabilidade posta de manifesto nesta situación tan complicada como a que estamos a vivir. Tanto dende o punto de vista persoal, como empresarial, enfrontámonos a unha situación que, por imprevista e descoñecida, nos xenera a lóxica inseguridade. Por parte de nosa Dirección Xeral tanto na nosa matriz en Italia, como en España, decidiron que pechemos todas as nosas oficinas, como exercicio de responsabilidade con nós, coas nosas familias e co resto da Sociedade, e todo isto sin comprometer o Servicio de Calidade aos nosos asegurados, e ata que a situación se normalice por parte das Autoridades Sanitarias de España.
O traballo estámolo a realizar dende os nosos domicilios, xa que por parte de Reale instrumentáronse os mecanismos suficientes para que poidamos traballar dende os mesmos, como se estivésemos realizando dende o noso Centro de traballo en Baio ou Santa Comba. Lóxicamente, teremos dificultades e incidencias ata que a modalidade de traballo estea normalizada; pero contamos coa flexibilidade e axuda de todos para superalas. Por conseguinte, todo segue igual , pero en lugar de estar físicamente nas nosas oficinas, estaremos traballando nos mesmos horarios e calidade de resposta, pero dende os nosos respectivos domicilios. Os teléfonos, correos electrónicos , etc. seguén sendo os mesmos, e sabédes que contádes con nós para o que necesitedes.
- QPC: A nivel local, estás recibindo moitas chamadas estes días? De que tipo?
Notamos que disminuiu o volumen de chamadas, algo xeral en todos os sectores, pero recordamos que seguimos traballando para solucionar os teus problemas de forma telemática (nos teléfonos, correos electrónicos,…)
- QPC: Que situacións curiosas se están dando?
As situacións curiosas que se están dando son debidas a falta de información, tanto en desprazamentos permitidos ou non en vehículos, coberturas dos seguros, onde as redes sociais volven lanzar “bulos” que crean dúbidas na ciudadanía. Tamén moitos autónomos e empresas queren informarse pola cobertura de Pérdida de Beneficios, o cal informamos de cales son os casos onde entra en xogo esta cobertura.
- QPC: Óese estes días que os seguros privados sanitarios non cubrían as probas do coronavirus?
Ante os bulos que se están lanzando polas redes sociais, e para tanquilizar a todos os asegurados, remítome a comunicación oficial lanzada pola Dirección Xeral de Seguros e por Unespa (Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras, e a asociación empresarial que agrupa as entidades aseguradoras de España e representa o 96% do mercado español do seguro), onde indica que “La asistencia sanitaria está garantizada para todos los clientes. Las aseguradoras de salud facilitan el acceso a la atención médica a quienes muestran síntomas de una posible infección en los centros adscritos a sus cuadros asistenciales. Por su parte, los centros sanitarios privados están atendiendo a los enfermos y obedeciendo en todo momento los protocolos que marcan las autoridades sanitarias en el tratamiento de posibles infectados, como han reiterado en numerosas ocasiones sus asociaciones representativas. La red sanitaria de titularidad privada está colaborando estrechamente con el sector sanitario público y los servicios de salud pública de las distintas comunidades autónomas con el fin de frenar la propagación de esta enfermedad”.
Tamén indicar que a maioría dos funcionarios van á Sanidade Privada, tipo Muface, Isfas, MUGEJU, ADESLAS, ASISA, DKV,… e de non ser así colapsarían a Sanidade Pública. Ante este novo bulo, dicir que por desgracia, estase tratando a moitos contaxiados polo COVID 19 en Hospitais Privados de todo o territorio nacional, e indicar que dende fai uns días, dende que se decretou o Estado de Alarma todos os medios sanitarios, civis e militares, públicos e privados están a disposición do Ministerio de Sanidade.
- QPC: Andan tamén certas mensaxes correndo polo whatsapp, sinalando que “en Estado de Alarma as aseguradoras non se fan responsables de asistir e cubrir os accidentes de tráfico amparados pola póliza, salvo que se demostre que o motivo de desprazamento estaba autorizado”. É un bulo como asegura a UNESPA ou temos que ter coidado coa letra pequena?
Ante este novo bulo, decir que NON e certo, así indicar que as aseguradoras cubren a Responsabilidade Civil Obrigatoria de danos a terceiros sempre, xa que está obrigada por lei, outra cousa e que se negue a abonar indemnizacións que veñan en cláusulas “particulares”, como Dañnos, lesións/morte do condutor ou outras cantidades a maiores do oblrgatorio, ou incluso a asistencia na estrada, isto vai a depender de cada Compañía. No caso de REALE e creo que en todas as compañías, non temos ninguna exclusión nese sentido. Outra cousa e circular sin cumplir os casos autorizados (ir mercar, a traballar, o médico, a farmacia, …) según informa o Real Decreto, pode sancionarte a autoridade competente. Novamente, remítome á Dirección Xeral de Seguros e a UNESPA que fai uns días xa aclaraban a cobertura: “La industria del seguro también desea trasladar a la opinión pública que los servicios relacionados con el resto de seguros (automóvil, hogar, decesos, etc.) continúan prestándose con absoluta normalidad. Las entidades han puesto en marcha planes de contingencia para garantizar la atención a los clientes en todas las líneas de negocio. Las aseguradoras y los distribuidores de seguros están a disposición de sus clientes para prestarles servicio. “
El seguro del automóvil te protege también durante el #EstadoDeAlarmaNacional. Tanto el seguro a terceros como el de todo riesgo. #StopBulos Ayúdanos a difundirlo. Gracias. #EducaciónFinanciera pic.twitter.com/utw3Vo1uB6
— UNESPA (@UNESPA) March 16, 2020
- QPC: Hai algún cambio nas polízas habituais de coche, moto ou fogar neste Estado de Alarma? Hai algún seguro que recolla unha crise sanitaria coma esta?
Non existe ningún cambio nas coberturas dos seguros no Estado de Alarma, nin existe ningún seguro especial para a situación actual, por imprevista e descoñecida. Pero seguro que nun breve prazo de tempo, as coberturas das pólizas cambiarán e actualizaranse con coberturas de Pérdida de Beneficios ou Paralización por casos como a actual. Se falamos de seguros personais, indicar que tanto os seguros de accidentes, con cobertura de baixa diaria, como os seguros de vida, si garantizan a prestación polo sinistro acontecido polo COVID 19.
- QPC: As empresas que teñan seguro poden esperar algo da súa aseguradora ou teremos que agardar ás axudas do Estado?
Dende Reale Seguros cubriremos todos os sinistros que estean garantizados por póliza sin excepción, e supoño que o resto de aseguradoras tamén o farán. En canto o tema de axudas do Estado, estes días xa se aprobaron varias medidas, que pola magnitude da crise, ao meu modo de ver, son insuficientes, e incluso nos deixa os autónomos malparados, e tócanos remar outra vez tanto os traballadores como os autónomos para sacar a España adiante.
- QPC: Estanse portando as empresas aseguradoras con responsabilidade nesta crise?
As empresas aseguradores, e principalmente Reale, mostraron solidez en tempos de crisis, isto non se debe a unha mera casualidade ou boa fortuna, senón os mecanismos cos que conta o sector para garantizar a sua estabilidade. Por un lado, están os mecanismos externos, é dicir, a supervisión que o Estado (Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones ou Consorcio de Compensación de Seguros) lle aplica de forma constante; e por outro lado, os mecanismos propios da industria, como o reaseguro ou a propia patronal.
Estos mecanismos contribuiron a que o sector asegurador resistise a crisis económica que arrancou no 2008, de feito, incluso neses momentos máis críticos para a nosa economía, as aseguradoras contaron con marxes de solvencia por encima do exixido por lei. No seu coxunto, o sector asegurador dispón dun exceso de bens afectos cercanos os 30.000 millóns de euros; este é, o valor destes bens que excede o que ten que ter para cubrir os sus compromisos. Os recursos sobrantes, por enriba do marxen de solvencia, uns 26.000 millones, dobran de sobra a propia cuantía mínima que a lei exixe cubrir. Neste aspecto, pese a crisis económica o grupo Reale Seguros ten unha marxe de solvencia situada entre os máis altos do mercado.
Tendesme a vosa disposición ante calquer dúbida en: 629 34 70 39 - 981 71 91 47 [email protected] Facebook: Seguros Reale - Roberto Mouro SLU
Todas as novas do Coronavirus
- Marcela Canosa, de Bazarra: "Por agora, a histeria só se nota á hora de comprar cousas”.
- Luís Díaz, da panadería Os Ancares: "Na panadería a xente ten que ir entrando de un en un”.
- Vivindo a corentena na distancia: A realidade dos erasmus da Costa da Morte.
- Enfermeiras do HVdX: “É duro saber que si nos contaxiamos, non só nos afectará a nós, senón tamén a nosa familia”.
- 15-03-2020: #Euquedonacasa: “Por favor, cordura, responsabilidade e respecto”.
- 14-03-2020: Un fisterrán, o primeiro positivo por coronavirus na Costa da Morte.
- 14-03-2020: A Costa da Morte suspende a Semana Santa:
- 12-03-2020: A información dos Concellos ante a crise do coronavirus.
- 12-03-2020: A receita contra o Coronavirus: coherencia e responsabilidade.
- 12-03-2020: Máis cancelacións: A Xunta pecha todos os centros escolares; Camariñas cancela a Mostra.
- 11-03-2020: Avalancha de suspensións na Costa da Morte para conter o coronavirus.
- 11-03-2020: O medo ao Coronavirus xa comeza a incidir no turismo costeiro trala cancelación de todas as excursións do IMSERSO.
- 09-03-2020: Piden facer “vida normal” ante unha falsa alarma de coronavirus nunha excursión de estudantes de Santa Comba.