Alberto Pose analiza a histórica campaña dos clubes da Costa na 1ª Autonómica
O pasado domingo foi un día histórico para o futbol costeiro. Dous dos nosos equipos conseguían o ascenso á Preferente galega. Estou a falar do Xallas e do Dumbría. Eu, que son moi malo para a historia, penso que nunca o fútbol costeiro tivo tantos reprensantes nesta categoría. Contando claro co Soneira e con que non baixe o Santa Comba, que o ten, por certo, bastante dificil na 3ª, e se me equivoco que por favor me corrixan.
Dous ascensos merecidos e traballados. E quero aproveitar esta crónica para felicitar aos seus adestradores, plantel de xogadores, directiva e afeccións, e desexarlle moita sorte nesta nova aventura que para eles comeza na durísima categoría que é a Preferente.
Tamén me gustaria dende aquí felicitar a outro clube costeiro que este ano fixo unha tempada moi boa na 1ª Autonómica: o Cee. Mágoa este último tramo de liga, pois penso que chegaron un pouco xustos de forzas, e xunto ás lesións de homes importantes, a tempada quedoulles algo longa, porque senón, se cadra estariamos falando dun triple ascenso. Noraboa ao clube ceense.
Tamén quero acordarme do Zas. Un mal ano para este equipo. Tocou descender e voltan á Liga da Costa. Ánimo e a volver a empezar, pero estou seguro que conseguirán volver a formar un equipo competitivo.
Cando comezou a competicion todos pensabamos o mesmo, ¿será este o ano do Dumbría? Pois ao final si, Canosa foi capaz de conseguir ese desexado ascendo, nun ano onde penso que o clube sufriu un cambio radical. A marcha dun "señor" adestrador, Floreal, baixas en xogadores que lle deron moito ao Dumbria como foron Llanero, Taski... tamén o Dumbría lle deu a eles claro.
O caso é que parecía que este ano non ía ser o elixido, pero a chegada de xogadores novos avalados polo míster coma o caso de Eloy, fixo que voltase a ilusión e si se conseguiu.
Tamén me gustaria comentar o cambio nas categorías de base no clube dumbriés. Non vou entrar en que se colle os mellores, que leva 20 xogadores de Fisterra, que se ofrece esto e o outro... pero en Dumbria fanse ben as cousas no futbol base: un autobus recolle aos nenos, teñeen un tutor antes de adestrar... e todo iso é culpa dunha persoa, Canosa. Non o coñezo persoalmente pero penso que boa parte de culpa de todo isto é del. Despois de traballar no Calasanz en Coruna, está a facer o mesmo en Dumbria co apoio do presidente, claro. Está a formar xogadores para o primeiro equipo, tamén moi novos. Estou seguro que os Adrián, Brais, Piri e compañía darán que falar nesta categoría.
Por outra parte o ascenso do Xallas, cando parece que todo o mundo daba por feito pola plantilla que tiña. É certo que os xogadores fan moito pero a persoa que se senta no banco é importantisima, e os dirixentes do Xallas acertaron coa persoa. Iván Cancela, ex xogador do clube ata o ano pasado facíase cargo do plantel e cumpriu o obxectivo con creces, cando debe ser complicadísimo xestionar un plantel como do Xallas cando so uns meses atras eras compañeiro, por ambas partes claro. Noraboa a Iván, que me pasa igual que a Canosa, non o coñezo persoalmente, pero lendo e escoitando as súas declaracións na prensa vese unha persoa tranquila, humilde e traballadora e que sabía en todo momento da competició a responsabilidade que tiña e quería o apoio de todos os estamentos do clube para que se nalgún momento se torcían as cousas todos remaran no mesmo sentido.
Iso si, tamén hai que destacar a aposta da directiva polo míster, e o que eu digo sempre, no fútbol hai que ter paciencia e neste noso queda pouca.
Gustaríame rematar dando un consello ás xentes destes dous clubes. Non sei se eu son a persoa adecuada pero vouno facer, para o ano que vén na Preferente: traballo, compañerismo e sobre todo humildade, pois penso que foi a receita do Soneira este ano no seu debut na categoria e non lle foi nada mal...
- Alberto Pose (albertopose@quepasanacosta.gal).
Máis novas
Artigos relacionados
- Uns consellos de Fran Toba para os pais de novos deportistas.
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga: Plan Perverso.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Novas relacionadas
- Xa se coñecen os rivais nas fases de ascenso dos nosos equipos.
- 2ª Autonómica: A loita centrouse no pichichi para pechar a Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: Xornada histórica co ascenso do Xallas e o Dumbría.
- Resultados da fin de semana: Xallas e Dumbría á Preferente.
- Varios dos grandes quedan fóra en Desaseisavos.
- O Corme, campión da Copa da Costa Xuvenil.
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Máis novas
- O fisterrán Noé é o novo representante dos futbolistas na Federación Galega.
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).