Espectacular #AxendaCostadaMorte para unha gran ponte de Entroido


Temos a AxendaCostadaMorte a rebentar para estes primeiros días de marzo. I é que o Entroido, o Entruido como lle din polo sur da bisbarra, ou o Antroido polo norte, vívese cada ano con máis forza nos concellos da bisbarra, E proba delo son o programas para todos os concellos da volta que temos recollidos aquí embaixo. Pero tamén os temos debullados na Axenda e a través dela imos repasando as citas, día a día, non sen antes, repasar o parte meteorolóxico que nos achega Carlos Balseiro, de 4gotas.com:
Se ben a tarde do venres será seca, a fin de semana virá pasada por auga. Haberá moitas nubes, moi baixas e chuvias que o sábado persistentes todo o día e o domingo máis febles e algo máis intermitentes.
O vento en toda a finde será do oeste, moderado con refachos fortes e con tantas nubes apenas teremos variacións nas temperaturas. Mínimas duns 11 graos e máximas de 13.
O luns o tempo cambiará un chisco. Refrescará un pouco polas noites porque veremos algo máis de sol, pero seguiremos tendo chuvascos. Para precisar o tempo do martes é moi cedo, pero semella que seguiremos tendo que falar de chuvias.
Non hai xeito de que o anticiclón dos Azores suba un pouco máis e nos protexa de tanta borrasca durante varios días :-(
De Entroido en Entroido
Arrinca paseniñamente o entroido este mesmo venres 28 de febreiro, con varias citas, diferentes. Como a presentación dun libro sobre o exilio en Carballo, ou a Festa da Xuventude de Mazaricos. Haberá tamén entroido, coa Festa do Entruido de Carnota, o Concurso de Disfraces polos bares de Malpica ou coa Festas de Disfraces e Concerto na Ventana de Laxe. Ollo tamén ao Concerto dos Bakin Blues en Fisterra.
O sábado será xa Entroido con todas as letras, comezando cos Pinchos do Entroido de Muxía, que continuarán cunha Gran Festa na carpa do malecón.
O sábado será o día grande no Entroido de Corcubión, onde ademais pola noite poderemos disfrutar dunha gran Cea-concerto con Recambios Tucho. Será tamén o día grande no Entroido western do Pindo, en Lariño e máis no Luar Liracho; en Esteiro teremos unha festa con teatro, monólgo e troula, e en Muros unha festa de disfraces na carpa. Estaremos atentos ao Desfile de comparsas de Fisterra, quentando motores para o Gran Certame, e teremos tamén unha Festa do Bm. Camariñas.
Máis troula o domingo 2 de marzo, con grandes opcións como o Entroido de Santa Comba o Entroido de Mazaricos, o Entroido de Ponteceso, ou o Entroido de Laxe. Pero se temos que quedar con 3, escollemos o Entroido de Carballo, co concurso de comparsas; o Entroido de Dumbría, coas fillas da Conexa amenizando o percal; e o Entroido de Vimianzo, onde ademais estaremos facendo de xurado un ano máis.
Pero como dicimos, non remata aí a fin de semana, pois o Martes de Entroido tamén temos moito lío. En Zas teremos o Tren do Entroido polas rúas, en Caldebarcos teremos un dos entruidos máis tradicionais da zona, en Cabana a Gran Festa no pavillón, igual que en Camariñas. O pavillón de Corma acollerá unha gran festa de entroido o martes 4 de marzo, con chocolates, filloas... Tamén teremos Enterro da Sardiña de Carballo, o primeiro do ano.
Pero sen lugar a dúbidas, a cita será o Gran Concurso de Comparsas do Entroido de Fisterra, a máis auténtica demostración do que é a copla, a representación teatral, humorística, satírica, do entroido costeiro. QPC volverá estar, por 6º ano, como xurado no entroido fisterrán
Máis información
Entroidos na Costa da Morte
- A Mikaela e o Caietano protagonizan os entroidos bergantiñáns.
- Un Entroido de Tapas e Cócteles en Santa Comba.
- Carnota e Muros arman dous entroidos parroquiais.
- Carballo pon a máscara.
- Ponteceso prepara o seu XX Desfile de Disfraces.
- Volverán as míticas comparsas ao Entroido de Corcubión?.
- Cee prepara un Entroido de Comparsas e Carrozas.
- 15 asociacións montan un mes de Antroido de Malpica.
- O Rei do entroido da Costa da Morte xa ten 5 comparsas e pregoeiro.
- Zas e Mazaricos preparan o seu Entroido.
- #DumbríaéEntroido.
- Os Pinchos e o Enterro do Percebe volven protagonizar o Entroido de Muxía.
- Vimianzo recupera o seu entroido dominical.
- Laxe e Cabana xa preparan o seu Entroido veciñal.
- O Pindo terá un Entroido de Western.
- Un Entroido para unir e divertir en Cerqueda.
- O Entroido de Fisterra 2014 xa ten cartel.
- Camariñas arma un gran entroido parrandeiro.
- O Enterro será o punto forte do Entroido de Coristanco.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).