O BNG presentou aos seus cabezas de lista en Cabana, Fisterra e Mazaricos
Aproveitou o BNG para presentar varios candidatos ás Eleccións Municipais de maio. As asembleas de Cabana, Fisterra e Mazaricos presentaban aos seus representantes en eventos ben multitudinarios.
Así xa coñecemos as propostas nacionalistas en Cee e Coristanco, en Carballo, en Muxía, en Camariñas, en , en Malpica, e mais en Carnota.
Pero imos coñecer máis de preto estes tres últimos
Kuka Sar arroupado en Fisterra
A Galería de Fisterra servía de fermoso escenario para a posta en escena da nova candidatura do BNG fisterrán. Tras uns anos con diferentes caras (Modesto Fraga e Germán Martínez non duraron demasiado), Kuka Sar Oliveira, mariñeiro da vila, toma o rumbo do seu barco de pesca artesanal.
Arroupado por moitos compañeiros de partidos como a propia Ana Miranda, e por grandes persoeiros da vida cultural costeira como Viki Rivadulla, Xosé Iglesias ou Xurxo Souto. Moito mar vivo.
A queimada de Roberto Traba foi a encargada de poñer o peche ao evento.
Presentación masiva do candidato do BNG de Mazaricos
Cheo na Casa da Cultura da Picota para a presentación de Juan Blanco como candidato á alcadía de Mazaricos. Unha posta de largo, na que Blanco deixou claro que gobernará en minoría se é preciso pero que “en ningún caso” haberá pacto pola súa parte para acadar o poder.
Juan José Blanco Riveiro, de 35 anos, piloto aeronáutico de profesión, casado e cun fillo, rexenta unha empresa de turismo e deportes de aventura no embalse de Fervenza, en Mazaricos, e repite como cabeza de lista do BNG.
Falouse da preocupante situación demográfica do Concello, da súa baixada de soldo e a eliminación da nómina do tenente de alcalde se gañan as eleccións, que reducirá os gastos políticos de 116.000 a aproximadamente a metade. “Con eses 55.000 euros, que en catro anos son 220.000, podemos darlle unha axuda digamos de 5.000 euros a cada autónomo que emprenda actividade no Concello, que sumada aos 6.000 do Estado son 11.000, unha cantidade non moi grande pero importante para alguén que empeza”, detallou Blanco, quen considera que a creación de 11 pequenas empresas ao ano é un obxectivo factible e moi importante nun municipio como o de Mazaricos.
Falou tamén do sector gandeiro, porque “del depende a supervivencia do Concello”, i é que Mazaricos é a primeira potencia productora de leite de provincia, con 70 millóns de litros ao ano. “Nós non lle pedimos o carné a ninguén e fagámolo ben ou mal imos ser quen sintamos as consecuencias, porque vivimos aquí e non imos marchar para ningún sitio”, senalou Blanco, en referencia ao candidato do PP, que reside na Coruña.
Blanco, que asegura que manterá unha comunicación directa ca veciñanza, enfrontarase ao novo candidato do PP, Nicolás Martínez, actual concelleiro do PIMAZ. E para iso, conta xa con máis de 30 persoas comprometidas para integrar ás listas definitivas, “algo nunca visto no BNG mazaricán”.
O BNG cabanés, para “darlle a volta á tortilla”
O BNG de Cabana-Asambleas Abertas presentou tamén durante a fin de semana ao candidato cabeza de lista en Cabana Fernando Souto Verdes, máis coñecido como Meli. Unha persoa que leva varios anos na pelexa activa contra a mina de ouro de Corcoesto, formando parte da Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños.
Jennifer Penedo fixo unha alegría á primavera para cambiar as cousas, para “darlle a volta á tortilla”, e deu paso a Meli para falar dos problemas de Cabana “onde se fan paseos mentras hai casas sen agua”. Falou da “casca do ovo, da política da casca e da necesidade de darlle a volta á tortilla". Moita emoción da xente nun acto cheo no local social de Neaño.
Novas sobre as Eleccións Municipais
- O PP de Vimianzo xa ten candidata.
- O BNG escolle as súas cartas para as eleccións en Cee e Coristanco.
- Lois Carballido seguirá sendo mestre de inglés se gaña as eleccións en Ponteceso.
- Poder Xalleiro, unha nova forza para as eleccións de Santa Comba.
- Zaira Rodríguez: “Da oposición prefiro non falar”.
- O BNG carballés buscará a maioría absoluta con 12 concelleiros.
- O PP, o primeiro en amosar todos os candidatos de cara ás Municipais.
- O BNG de Muxía xa ten candidato para as municipais de maio.
- O PSdG da Costa da Morte coñeceu a Julio Sacristán.
- O BNG de Camariñas xa ten a súa cabeza de lista.
- Novos movementos no taboleiro político de Laxe.
- As propostas asemblearias moven ficha.
- A política abre as portas á cidadanía, tamén na Costa da Morte.
- Compromiso por Mazaricos estrearase nas Municipais de maio.
- Movementos no taboleiro político de Mazaricos.
- Zas e Santa Comba reducen concelleiros nas próximas eleccións municipais do 2015.
- María Xosé Alfonso será a primeira candidata a alcaldía da historia de Compromiso en Muros.
- O baiés José David Gómez Brandariz, novo candidato do PP de Zas.
- Manuel Antelo repetirá como candidato a repetir na alcaldía de Vimianzo.
- Xan García deixa a Neria pero ameaza coas Eleccións Municipais.
- Paco Souto será o candidato do BNG á alcaldía de Malpica.
- Moncho Noceda volve a presentarse como candidato á alcadía de Carnota.
- Evencio Ferrero volverá presentarse como candidato á alcaldía.
- O PP presenta 12 candidatos costeiros para xogar ao ataque nas municipais.
- Os PP de Carballo, Camariñas, e Muxía estrean candidato.
- O PP de Dumbría e Muros cambian de cara.
Novas sobre as Eleccións Xerais
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Máis novas políticas
- Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
- Eleccións Municipais 2011: Valoracións sobre os Resultados das Eleccións 2011.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).