Venres. 03.07.2020
El tiempo

Localizan o outro Cemiterio dos Ingleses nos montes de Camelle

Localizan o outro Cemiterio dos Ingleses nos montes de Camelle
Cementerio de los naufragos del CITY OF AGRA en camelle-Foto-Rafael Lema

Ademais do mítico Cemiterio dos Ingleses, onde respousas os finados do Serpent, Camelle acolle outro espazo singular nos seus montes. Coñecíase que o naufraxio do vapor inglés City of Agra, tamén acontecido aquel tráxico 1897, acontecía tras chocar coa Pedra Negra, en Arou. Pero ata estes días non se sabía nada sobre o lugar do enterramento.

Hoxe, o investigador camariñán Rafael Lema, un dos nosos meirandes estudiosos da historia dos naufraxios da Costa da Morte, vén de facer público o achádego do Cemiterio do City of Agra.

Alá marchou, cara o monte camellán, acompañado por dous veciños do lugar, Marcote e Tajes, e o concelleiro camariñán Juan Carlos Canosa. Ben guiado polos veciños, e gracias a varios documentos que gardaba o Xulgado camariñán, Lema localizou un dos puntos máis buscados do último século en materia de naufraxios.
O Cemiterio atópase no antigo camiño que une Arou e Camelle, nun alto moi preto xa das casas da zona da Portela de Camelle, nun lugar coñecido polos máis maiores como O Cemiterio.
Foi o veciño, José Lobelos, “o Soriano”, o que lembraba escoitar que alí estaban enterrados náufragos e foi el quen cllo apuntou a Lema. Soriano é ademais un dos míticos lobos de mar camelláns, fillo dun dos raqueiros do mercante francés Nil que en 1927 recibíu un tiro que lle destrouzou a faciana.

Antigo cemiterio cos restos dos naufragos do vapor ingles City of Agra en Camelle

A historia do City of Agra descarta o mito das falsas luces na terra

p>O City of Agra da City Line de Glasgow era un barco mercante con gaiolas para animais, que se dirixía a Calcuta a comprar elefantes, tigres, rinocerontes, serpes, destinados ao zoo de Londres e doutras capitais. Era a viaxe de ida, así que as gaiolas ían baleiras para sorte das pobres fieras. Era un barco de 3.273 toneladas , con 117,5 metros de eslora, 11,79 de manga e 8,72 de puntal.
Unha soa hélice e unha máquina de 500 cabalos cunha velocidade de 12 nós. Casco de ferro e tres pontes, capitaneado por William Frame.
Unha tripulación de 73 homes, 13 deles europeos, o resto indios de relixión musulmá. Ía a bordo unha muller, H. Bocker, camareira. Levaba dous polizontes, un pintor, un médico e o tratante de fieras mister Jamrach.
Naufragou no baixo da pedra Negra de Arou, no medio dun forte temporal, con marexada, e tras encallar na roca. Un erro de estima da corrente ao non sondar foron as causas anotadas no xuízo en Glasgow.

O capitán ordenou arriar os bateis pero a falta de pericia da tripulación, na seú maioría indios presas de pánico, provocou unha desbandada e moitos mortos, que puideron ser mais de non ser pola acción dos marineros de Camelle e Arou salvando náufragos cos seus pobres gamelas. Algúns supervivientes foron rescatados en terra, vagando polos camiños, como a camareira Bocker. Outros rescatados nun bote en alta mar.
En total, 33 mortos, 9 europeos e 24 indios. O cadáver do tratante de fieras foi achado nos Bolos do Xaviñán, pero faltáballe a carteira. Outros corpos ata completar seis chegaron á costa nos días seguintes e déuselles sepultura. Uns días despois naufragaba o Standard na mesma pedra, e tres novos corpos chegaban a terra. É de supoñer que fosen ao mesmo cemiterio do Agra.

Novas relacionadas

Novas sobre naufraxios

Outras novas

Fonte

comentarios