Mércores. 16.10.2019
El tiempo

Este sábado, todo Camariñas sae á rúa contra o déficit do servizo sanitario

As loitas das familias de Zas, Dumbría Muxía e Camariñas unironse na Carreira Pedestre
As loitas das familias de Zas, Dumbría Muxía e Camariñas unironse na Carreira Pedestre
Este sábado, todo Camariñas sae á rúa contra o déficit do servizo sanitario

Concentracion en Camarinas contra os recortes en pediatriaSeguindo os pasos do Concello de Zas, e por suposto, da veciñanza, e tras aprobar en pleno unha moción, o Concello de Camariñas volcarase na reivindicación veciñal ante o déficit de servizo sanitario. Unha loita que se fará visible este vindeiro sábado 10 de agosto cando terá lugar unha manifestación na praza da Insuela, diante da Casa do Concello, ás 12:00 horas.

A pesar dos contactos municipais co Sergas, a situación segue sin encauzarse, polo que o goberno local decide unirse ás veciñas e veciños do municipio da Costa da Morte para manifestarse e pedir máis médicos, máis persoal de enfermaría e que se resolva o tema do servizo de pediatría.

Deste xeito, toda a veciñanza de Camariñas, e de Camelle, por suposto, encherán de reivindicación as rúas.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios