Medio millar de empresarios foron asesorados ou formados pola Oficina de Promoción Económica e Emprego de Carballo


Máis de 500 emprendedores e empresarios participaron nas accións formativas, de dinamización e promoción ou de asesoramento impulsadas ao longo do ano 2014 pola Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello de Carballo. As cifras falan por si mesmas, i é que dende o servizo municipal xestionado pola Concellería de Promoción Económica foron tutelados nun só ano un total de 54 proxectos emprendedores ou de consolidación de empresas tanto informando sobre trámites de constitución, formas xurídicas ou subvencións coma tramitando todo tipo de solicitudes de axuda para emprendedores.
Emprendemento e consolidación
En materia de formación, ao longo do 2014 Carballo desenvolveu un plan integral orientado, por unha banda, ao emprendemento e, por outra, á consolidación das empresas que conforman o tecido económico de Carballo nos ámbitos, fundamentalmente, do comercio, a hostalería e o turismo.
Con eses obxectivos celebráronse 11 cursos: Xestión da Calidade. Normas UNE, Xestión de stocks e preparación de pedidos, Xestión de clientes, O modelo de franquía, Taller de webseries, Curso de regalo e empaquetado, Curso de actualización comercial, Curso de empaquetado de Nadal, Curso de introdución á eficiencia enerxética, Curso de plan de márketing e Curso de redes sociais.
Aos 187 participantes en todas as accións formativas anteriores (todas con prazas limitadas) súmanse o centenar de asistentes ás Xornadas de motivación para emprendedores e as decenas de participantes nos outros 11 talleres impartidos no marco do proxecto GAC Carballo Senda do Mar, orientados cara os sectores hostaleiro e turístico: O Valor no espazo natural costeiro Razo-Baldaio, Cómo facer un bo café, A dieta atlántica, Taller de coctelería, Aproveitamento das Tics e márketing en empresas turísticas, A importancia e a potencialidade do surf como actividade sostible e xeradora de turismo, Como deseñar un Plan de Negocio para unha empresa turística sostible, Oportunidades de negocio en Turismo sostible en Razo-Baldaio, Conceptualización de Turismo Mariñeiro e mesa redonda con profesionais do mar, Como deseñar unha actividade de Turismo Mariñeiro e Experiencia piloto de ruta do marisqueo en Baldaio. Como interpretar recursos mariñeiros e como ser unha boa guía de turismo mariñeiro.
#QuedamosenCarballo
O ano 2014 foi especialmente activo en canto a actividade de divulgación promovidas dende a OPE. Dentro do proxecto #QuedamosenCarballo, enfocado á promoción do municipio como punto de encontro e á difusión da ampla oferta comercial e hostaleira, leváronse a cabo propostas tan novidosas coma o Concurso de terrazas e escaparates, Contos de Taberna, Check-in Carballo ou Busca do tesouro, nas que participaron un total de 80 empresas.A esta hai que sumarlle á colaboración coas iniciativas “Compra e Tapea”, que se desenvolveu no barrio da Milagrosa; Expovoda, Feira das Oportunidades, Carballo por Etapas ou Primavera de Cine, ademais de promover iniciativas coma Dálle un bocado ao FIOT para promocionar a hostalería local coincidindo co festival de teatro ou o festival Carballo Interplay, que está a converter o concello nun referente internacional da industria audiovisual vinculada a Internet.
Novas relacionadas
- Paráugate, a pioneira iniciativa de paraugas públicos de Carballo.
- O comercio bergantiñán afronta os retos de fidelización de incursión 2.0.
- As empresas bergantiñás botan un ollo ao mundo ca Cámara de Comercio.
- A Cámara axuda na adaptación dos negocios aos hábitos de consumo da poboación bergantiñá.
- O Comerciantes carballeses aprenden a fidelizar aos seus clientes.
- O comercio carballés aprende a modernizarse e a integrarse no novo urbanismo.
- Carballo abre novos proxectos de formación para 150 persoas.
- Novos cursos de formación laboral en Bergantiños.
- Os menús dos restaurantes de Carballo, un pouco máis saudables.
- A Cociña Saudable toma o edificio dos 100 actos.
- #inForum: En internet, 20 minutos é moito. 20 horas é un mundo.
- A tribu tecnolóxica galega avalou o #Fainoti con 10 historias singulares no TedxGalicia.
- Onde están os que invisten os nosos cartos ante tremendo nivelón?.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- O edificio dos 100 actos.
- 4 novos cursos de formación en cociña, restaurante, soldadura e electricidade en Carballo.