Folk Metal carnotán para o Festigal


Como nos gusta recoller as novas bandas do panorama musical costeiro. Todo o que escape da ditacura da verbena, para nós é prioritario, e se ademais é diferente, máis. Así son os “Coso Carnóbrigo”, carnotáns de “pura rasa” que veñen de presentar un temazo para o 1º concurso de Novos valores do Festigal. I é que o seu metal hard-core non deixa a ninguén indiferente.
Son a única banda que por agora se presenta ao certame, e para botar unha man só tendes que compartir o vídeo de Coso Carnóbrigo no Festigal.
Atentos á voz de Faula, que non canta só gutural senón que ten unhas letras cheas de raíces moi interesantes. E atentos tamén á caña dos membros da banda, que son ademais case da familia. Kiko Figueira á batería, Roldán Figueira á guitarra e Antón Beiro á guitarra completan con Faula Teixeira este grupo que se autodenomina "Folk methal / ou death methal melódico".
Unha banda que están creando Producións O Porco Fero, que xa ten aberta unha tenda de instrumentos en Muros "O Vintage", e que teñen a idea de crear un festival no futuro.
Lembran que Coso Carnóbrigo singifica o "Coso da fortaleza de pedra", unha apelación a un dos deuses con maior culto na Gallaecia prerromana, que invita a seguir loitando pola dignidade, como a letras que arma a cantante. Unha agrupación musical naceu co último suspiro do 2013. Despois dun intenso ano de composición e ensaios, en breve verá a luz o seu primeiro disco: Sacrificial.
Máis caña en Santa Comba
Daremos máis conta, pero xa imos anunciando que a banda xalleira Grand Soul Band está a piques de Presentar novo disco, "The Road". A cita, o sábado 22 de maio na Sala Moon de Santiago, e para ir abrindo boca, aí queda un adianto.
Máis novas musiqueiras
- AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015.
- O Colectivo Badlaifé dá o salto e xa graba rap en italiano.
- Terbutalina vai A Muerte nos Premios da Música Independiente.
- Serj amosou o orgullo costeiro na presentación do seu disco Velaivén.
- A Caverna de Muros dá a alternativa ás novas bandas da zona.
- Un par de dilleis nas cavernas de Muros.
- Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- Unha BSO roqueira por e para Carballo.
- Un Concurso Cavernícola para dinamizar a vida musiqueira da contorna de Muros.
- Grand Soul Band, o grupo de Santa Comba que vai camiño do Azkena Rock.
- A banda costeira The Suffering presenta o seu primeiro proxecto musical.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
- Serj cántalle á súa Costa da Morte.
- O Colectivo Baidlafé demostra o potencial rapeiro da Costa cun novo videoclip.
- Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast.
- A Costa da Morte en clave de rap co carnotán Yeray Vázquez.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Nordés Project. Folk-pop ceense no Musicaula 2014.
- Corcubión bailou a ritmo do Rebumbio.
- Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
