A primeira cita do Orballo Cultural será de balde e a cuberto no porto do Pindo

Volve o tempo facer das súas en Galicia provocando modificacións nos primeiros festivais da Costa da Morte. Arrinca a Axenda Sonora esta fin de semana no Pindo, coa primeira cita do Orballo Cultural, ese festival itinerante, nado en Muxía, que dinamiza o verán de todo o país. Pero faino a cuberto.
A entidade organizadora, debido ás previsións metereolóxicas, realizará os concertos desta fin de semana en interior, no mesmo porto do Pindo, grazas á colaboración da Asociación Pedramar.
Ademais, a entidade organiza o evento de forma gratuita e devolverá os cartos aos que xa mercaron a entrada.
Lembren que o venres pola tarde, a partir das 18:00h haberá a Gala do alumnado da fantástica Escola de Música de Carnota; e para o sábado, ás 12:30h, Grande Amore e Lisdeixa, e ás 19:30h Adhara&Ritman e Deleiba.
Novas relacionadas
- A ESMU de Carnota afronta unha movida recta final do curso e xa pensa no seguinte.
- 2021: Naturalidade, compromiso e talento triunfan no Orballo Cultural.
- A música voltou soar co Orballo Cultural en Portocubelo.
Novas da Axenda Festivaleira da Costa da Morte
- O retorno do Sereas e Piratas xa ten cartel.
- O Festival Sereas e Piratas volverá encher de música a praia de Razo.
- Vimianzo prepárase para 25º aniversario do Asalto ao Castelo.
- O Festival das Carrilanas e o Castelo Rock xa contan as horas co cartel ao completo.
- “Unha Carballeira para tod@s”.
- O Orballo Cultural volve arrincar o verán en Carnota.
- Dous escenarios para o Rockin’Carballo.