Domingo. 28.11.2021
El tiempo

AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015

AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015
Dani Castineira Santi Betancourt e Guilhe Garcia forman AnaKrusa

Non é o primeiro ano que a Costa da Morte ten participación no concurso a nivel nacional de MusicAula. O ano pasado coñeciamos aos membros de Nordés Project, a proposta ceense no concurso, e precisamente aí ser se forxou a semente da nova banda que participa neste estival Pop-Rock nacional que dá a posibilidade ao seu gañador de gravar un EP e unha xira promocional por toda España. De feito, xa podedes Votar á banda ceense.

Falamos de AnaKrusa, grupo formado por Santi Betancourt, baixista e percusionista; Guilhe García, guitarra solista; e Dani Castiñeira, guitarrista, teclista e vocalista. “Tocamos dende grandes éxitos da historia do rock, dende Guns&Roses ata Pink Floyd ata éxitos do pop rock español dos 90 e dos 2000. Polo tanto pódemos definir o noso estilo como Indie Rock”, cóntanos o propio Dani.

AnaKrusa nace en novembro do ano pasado no Café Bar A Parada, cando os tres compoñentes, os tres nacidos no 1997 (18 anos) se xuntan “un día calquera para tomar algo”. Dani explícanos como foi a cousa: “Meu irmán, dono do bar, dixérame nalgunha ocasión de tocar algo no local e comenteillo a eles, xa que somos amigos dende pequenos e sabíamos as nosas posibilidades. Dese xeito empezamos a ensaiar e a finais de novembro demos o noso primeiro concerto no Parada cun ''padriño'' para nós que foi o escritor Suso Bahamonde, que colaborou recitando algo co grupo”.

Anakrusa en Concerto

E segue a historia da banda. “A partir dese momento comezamos a dar concertos por Cee e en febreiro sacamos o noso primeiro tema propio producido por outro grande da cultura da costa como é Leo KCH. Actualmente estamos metidos no concurso Musicaula, e ata o día 26 de abril están as ser as votacións para a gran final, que se realizará en Getafe, Madrid. Esperamos a vosa axuda”.

Por suposto rapaces, moita sorte!! Pero antes imos ver que nos contan:

Aquí vos deixamos cun tema propio, Outcast, que soa moi ben:

E aquí, cun mítico que tamén dá gusto escoitar:

E aquí un Pink Floy que dá conta da calidade:


Concertos

Atentos, que este vindeiro venres 24 de abril estarán no Pub O Muíño de Louro.

Anakrusa Cee en Louro

Máis información

Máis novas musiqueiras

Fonte

https://youtu.be/fPGCOCAXcpU

comentarios