A CIG denuncia a “neglixente actuación” da dirección de XEAL ante os accidentes laborais

Explican que o pasado mércores e producía un accidente grave ao resultar ferido un traballador con queimaduras de segundo grao nos pés. “Porén esta información nin sequera foi facilitada pola dirección, que mantén unha política de ocultación dos accidentes que xa foi denunciada pola CIG en reiteradas ocasións na Inspección de Traballo, senón que foi achegada polo entorno do traballador afectado”, explica a central sindical.
”A mala praxe da empresa é tal que, nun primeiro momento, para tentar tapar que se trataba dun accidente, mantivo o traballador dentro da fábrica até que chegou un taxi, no que finalmente foi trasladado ao Hospital de Cee, de onde foi derivado de inmediato en ambulancia á unidade de queimados do Hospital da Coruña. Pero estas informacións tamén foron facilitadas polo entorno do traballador, non pola empresa”, denuncian.
Dende o sindicato consideran inapropiado trasladar aos accidentados en taxi, e consideran ese protocolo “lamentábel”.
Lembran ademais que “no que vai de ano, xa se rexistraron máis dunha decena de accidentes en XEAL (algúns destes casos a empresa inténtaos ocultar con licencias médicas para evitar que conte na estatística a baixa por accidente) e un gran número de incidentes. De feito, a información que a empresa facilita ao comité de seguridade e saúde”.
A CIG leva ademais dous anos denunciando a falta de médicos nas fábricas e a única presencia dunha enfermeira para os 3 centros de traballo.
”A dirección pretende eludir toda responsabilidade no accidente "para culpabilizar como sempre os traballadores e traballadoras que somos as vítimas da súa neglixencia e incompetencia”, denuncian”.
Todas as novas relacionadas con XEAL
- 01-06-2022: O Comité de XEAL denuncia pola vía penal a operación de compra-venda das fábricas e as centrais.
- Maio 22: Bloqueo total entre Comité de Empresa e Xeal no proceso de negociación do convenio colectivo.
- Maio 22: O Comité de XEAL solicita que o aumento de caudal de produción hidroeléctrica se vincule coa xeración de emprego.
- Abril 22: XEAL pon en marcha a construción dunha nova central no río Xallas.
- Abril 22: TPG volve poñer en venda as centrais hidroeléctricas do Xallas.
- Febreiro 22: O comité de XEAL reclama ante a Xunta a reversión dos dereitos de explotación das centrais hidroeléctricas.
- 2022: Piden a demolición das centrais hidróeléctricas que teñen as concesións caducadas.
- 17-02-22: Os traballadores de XEAL volveron a concentrarse diante do Concello de Cee.
- 11-02-2022: A Xunta non mediará no conflito XEAL.
- Decembro 21: XEAL rompe as negociacións e deixa sen convenio colectivo aos seus traballadores.