Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Moita emoción e música na presentación de ‘Carburos é o meu dios’ en Cee

Foto presentación Carburos é o meu dios
Moita emoción e música na presentación de ‘Carburos é o meu dios’ en Cee

A escritora e docente no CPR Manuela Rial Mouzo Guadalupe Vázquez Formoso presentou o sábado 20 na Casa de Cultura de Cee a súa segunda novela, “Carburos é o meu dios”, acto ao que asistiron preto de cen persoas.

Guadalupe compartiu mesa con Iván Pequeño e Alfonso Mouzo -“Chiri”-, traballadores da fábrica e presidente e expresidente respectivamente do comité de empresa de Xeal.
Guadalupe compartiu mesa con Iván Pequeño e Alfonso Mouzo -“Chiri”-, traballadores da fábrica e presidente e expresidente respectivamente do comité de empresa de Xeal.

“Carburos é o meu dios é unha obra de lembranza histórica e homenaxe aos traballadores da fábrica e do Salto Castrelo”, explicou a autora, “pero tamén son palabras saídas da alma, palabras reais pronunciadas por un que foi un orgulloso traballador de Carburos Metálicos: o avó Gerardo Parga Sánchez, e tantos outros que compartían esa idea, como podía ser o meu propio avó de Louredo, Manuel Vázquez Trillo – o “carnotán” para os seus compañeiros da fábrica –, que traballaron dando sempre o mellor de si mesmos e agradecendo cada peseta que recibían, por permitirlles algo básico para calquera home: a dignidade que dá o traballo, e poder alimentar a unha familia.”

Proxectouse tamén un vídeo de fragmentos de entrevistas feitas pola autora a antigos traballadores das obras do Salto Castrelo como traballo de documentación para o seu libro. Neste caso, fragmentos da entrevista feita á señora Celina, do Ézaro, de noventa e un anos de idade.

O acto finalizou coa guinda musical ofrecida pola Agrupación Chan das Lamas, de Quilmas, veciños de Guadalupe, que obsequiaron ao público asistente con fermosas pezas tradicionais como “o galo cando canta é día”, adaptado a Quilmas.

AGRUPACION CHAN DAS LAMAS QUILMAS EN CEE
AGRUPACION CHAN DAS LAMAS QUILMAS EN CEE

NOVAS DE GUADALUPE VÁZQUEZ

Comentarios