COVID: Corcubión e Ponteceso saen o venres do nivel máximo de alerta sanitaria

Novo mapa de restricións dende o 5 de marzo-Fonte-G24

Coa pandemia rexistrando cifras mínimas, a Xunta vén de anunciar un novo paso nesta nova desescalada. Dende este venres 5 de marzo os concellos de Corcubión e Ponteceso, os dous únicos que quedaban en toda a comarca no nivel máximo de restricións, quedarán no nivel medio, como toda a área sanitaria da Coruña-Cee.

Unha área sanitaria que se mantén pechada, polo que non poderemos ir nin cara a zona de Santiago nin cara a zona de Carnota-Muros ou Rias Baixas. Lembren ademais que Santa Comba, Mazaricos, Carnota e Muros xa pertencen á área Sanitaria de Santiago, polo que poderán ir tamén ao resto de provincias.

 

 

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados