Xoves. 25.04.2024
El tiempo

COVID: Carballo e Malpica si poderán comezar o venres a desescalada

Mapa de restricion
Novo mapa de restricións. Fonte: G24
COVID: Carballo e Malpica si poderán comezar o venres a desescalada

Primeiros cambios rexistrou onte o mapa de restricións anunciado o luns pola Xunta. A baixada de cifras continuada fai que a Xunta vaia adaptando de aquí ao venres os mapa. Deste xeito, Malpica e Carballo si que pasan ao nivel medio de restricións e poderán comezar a nova desescalada. A baixada de novos dende onte permite que a incidencia baixe dos 500 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Corcubión e Ponteceso, cunha taxa de incidencia acumulada aínda por riba dos 500 (629 e 619) terán que esperar, pero cadra hoxe mesmo a Xunta anuncia novidades, pois xa baixou a incidencia de onte a hoxe, pasando de 10 a entre 1 e 9 novos casos nos últimos 14 días. De feito, 1 caso en Corcubión supón unha subida ou baixada de máis de 50 puntos na taxa media acumulada.
Non así Ponteceso, que é o único concello de Bergantiños que suma dous casos máis ca onte.

Datos COVID 24-02-2021 Costa da Morte

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios