Luns. 01.03.2021
El tiempo

COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha

A Laracha. A Coruña
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistirá ao cribado de detección da covid-19 no centro de saúde
04/02/2021
Foto: Moncho Fuentes / AGN
Imaxe do cribado realizado na Laracha. Foto: Moncho Fuentes / AGN
COVID: 15 positivos no cribado de 4.600 persoas da Laracha

Mentres seguimos sen resultados do cribado a 6.000 persoas realizado en Vimianzo e Camariñas hai máis de dúas semanas, o SERGAS si ofrece resultados do cribado realizado a semana pasada na Laracha.

Foron 4.632 as mostras recollidas, o que supón unha participación do 82,6% das persoas citadas, obtendo un resultado final de 15 positivos detectados. Unha cifra que daría unha taxa acumulada de 323 casos por cada 100.000 habitantes (o Concello ten a día de hoxe unha taxa rexistrada de 731), aínda lonxe da cifra que estupula la OMS para ter controlada a pandemia (arredor dos 100).

Mentres, a tendencia na comarca segue á baixa, con 33 casos menos que onte entre os 19 #concellosQPC, sendo un total de 758, e supoñendo una taxa media de 578 casos por cada 100.000 habitantes. Bergantiños, a pesar da mellora, segue sendo a máis afectada, cunha taxa de 791 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Ademais, onte volvían rexistrarse falecementos nas residencias da comarca. Perdía a vida unha muller de 97 anos na residencia DOMUSVI de Carballo. Son un total de 23 persoas as falecidas na residencias carballesa no que vai de ano, e 13 na de Vimianzo.

En canto ao número de hospitalizados, hoxe sube a 12 os presentes no Hospital Virxe da Xunqueira, un máis que a semana pasada.

Grafica Evolucion covid 08-02-2021 Costa da Morte

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

comentarios