A plataforma Xuntos Polo Centro do Día de Corcubión esixe á Xunta que cumpla os compromisos adquiridos para a súa apertura urxente

Imaxe da reunión da plataforma Xuntos Polo Centro do Día de Corcubión co Consorcio en 2025

Despois do paso adiante dado polo Concello de Corcubión despois de 15 anos de deixadez de funcións da Xunta para a apertura defintiva do Centro de Día no edificio do Asilo, a plataforma veciñal Xuntos Polo Centro de Día quere remar na mesma dirección e vén de solicitarlle ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Bienestar da Xunta de Galicia que cumpra os compromisos adquiridos coa plataforma para que a apertura sexa unha realidade.

Onte remitiron diversos correos electrónicos ao xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, así como aos concelleiros do Partido Popular do Concello de Corcubión.

Ao Consorcio pídenlle que cumpra coas promesas reltivos ás actuacións necesarias para a posta en marcha do Centro de Día (obras de acondicionamento, amoblamento integral e unha furgoneta), tendo en conta que a xestión sexa directa vai ser responsabildiade do Concello, a través da concesión a unha entidade social.

Do mesmo xeito, no correo enviado aos concelleiros do Partido Popular de Corcubión, solicitan que trasladen ao xerente do Consorcio a necesidade de cumprir co mesmo compromiso.

 

Histórico do Centro de Día