Venres. 04.10.2024
El tiempo

A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal

A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal

Parece que, por moito lío que causen, non libramos dos salmóns na Costa da Morte. E iso que a prórroga concedida xa expirou, e iso que a información brillou pola súa ausencia.
Hoxe son os colectivos medioambientais (ADEGA, Verdegaia e Salva la Selva) xunto coa Asociación ASOAR-ARMEGA os que enviaban un escrito a Conselleira do Medio Rural e do Mar solicitando información sobre a suposta colocación dunha terceira gaiola de salmón na ría de Muros, a pesar do rotundo rexeitamento do sector e as malas experiencias anteriores.

Cumplido un mes do envío da solicitude as entidades lamenntan que “esta non obtivo resposta oficial por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, máis si se fixeron declaracións en medios públicos e mesmo se tratou o tema na Comisión de Pesca do Parlamento”. Consta tamén que outros organismos, como o Concello de Muros, pediron información ante as masivas preguntas que os cidadáns deste concello lle trasladaron sobre esta cuestión, sen que desde o propio Concello tiveran información para poder responder as súas dúbidas.

Segundo a Asoar e os colectivos, “existe por parte de esta Administración un total desinterés, deixadez e desprecio hacia os sectores productivos e base do noso mar como son a pesca artesanal e o marisqueo, e unha obsesión enfermiza por apoiar o sector da acuicultura a gran escala, escoitada a intervención do Secretario Xeral do Mar na Comisión de Pesca do pasado 3 de xuño”, na que mesmo criticou ao sector galego por non investir en acuicultura….

Dende o sector da pesca artesanal non saen do seu asombro. “Como sector afectado non podemos quedarnos impasivos ante estas palabras e queremos amosar a nosa indignación ante a humillación coa que estamos a ser tratados: a pesca artesanal e o marisqueo veñen sendo fonte de riqueza dos pobos costeiros desde tempos ancestrais, que non malvivimos, sobrevivimos como podemos, que non é pouco, ante a difícil situación que levamos tempo atravesando, producto dunha desastrosa xestión dos nosos dirixentes, e que parece non queren mudar levándonos hacia un camiño que lle interesa a eles, para que outros ocupen o noso lugar se lucren do noso mar e acaben, dito sexa de paso, co medio mariño das nosas rías a través do cultivo masivo de especies foráneas que acaben coas especies autóctonas. Entendemos agora claramente a súa desidia e o seu desinterés cara estes sectores productivos e a súa falta de apoio, o que non alcanzamos a entender e como van a xenerar 10.000 postos de traballo directos, sen contar os indirectos, e ser capaces de acadar riqueza colectiva, con un modelo productivo de acuicultura baseado en intereses privados”, apuntan.

Salmóns mortos

”Insiste a Consellería en dicir que a cría de salmón atlántico non repercute de xeito negativo noutras pesquerías tradicionais e que non existe contaminación con este tipo de cultivo”. E apuntan que “ tampouco entendemos o seu afán en ocultar o que é evidente, tan só hai que remontarse a outubro de 2011 cando armadores e mariñeiros que andaban a pescar con artes fixas de enmalle comenzaron a pescar centos de salmóns mortos, algo que, porsuposto, a Consellería do Mar negou e tratou de quitarlle importancia aos feitos”. I é que falamos dunha mortandade do 81% segundo os colectivos.

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte

Comentarios