Axenda de piratas, verbenas e gastronomía para a finde na Costa da Morte
- Tendes toda a info festexeira en www.axendacostadamorte.com e no álbum das FESTAS DA COSTA DA MORTE 2023
Vai de piratas esta fin de semana, pero tamén de gastronomía. Facemos un completo repaso ás citas máis singulares desta fin de semana de 4, 5 e 6 de agosto.
Festa do Linkeirón e Encontro Pirata
Fisterra terá unha das citas máis singulares do verán coa XXX Festa do Longueirón e o VIII Encontro Pirata.
Mercado Pirata de Laxe
A como a cousa vai de piratas, en Laxe celebran o Mercado Pirata que marida tamén coa cita gastronómica arredor da lonxa de Laxe, chea de obradoiros, degustacións…
Noite no Medievo
A fermosa aldea cabanesa de Rioboo ultima os preparativos para acoller este sábado o agardado regreso da Tarde Noite no Medievo, un dos eventos máis singulares da comarca que este ano cumpre a súa décimo cuarta edición.
Festa da praia do Ézaro
Este sábado, no marco do programa estival do Concello de Dumbría, a Multifesta da praia do Ézaro.
Mostra da Olaría de Buño
Con polémica arrincou a Mostra da Olaría de Buño, sen a presenza dos oleir@s da vila.
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre en Carballo
No marco do Verán Cultural, concertazo este venres 4 de agosto a partir das 22:30h na Praza do Concello de Carballo.
Festas en Artes
E de seguido, festas na parroquia carballesa de Artes, coa Panorama…
Festas en Sofán
Colle o domingo o relevo das festas carballesas Sofán.
Festas de San Isidro de Quintáns
Por Muxía, boas festas en Quintáns.
Festas de Camelle
Festas en Camelle, tamén.
Festas de Colúns
O domingo e luns, festas en Colúns, en Mazaricos.
Festas en San Mamede
E de cara ao luns, martes e mércores, cita festexeira en Carnota.
Documentais e Feira Mariñeira artesá de Corme
Corme presenta a 1ª Mostra de Cine Documental no MACCMO; e a 5ª edición desta exitosa feira mariñeira con ducias de artesás da comarca e unha marea de actividades para todos os públicos.
Vermú literario en Carnota
Este sábado aa libraría Chorima ofrece un vermú literario coa presentación conxunta de Faise o escuro (PremioSelic_2022) de Carme Varela e de Areanegra na Casa Encantada ( Accésit Selic_2022) de Puri Cabido.
Malabares en Zas
Este sábado ás 20:00 horas o malabarista Fran Bouza ofreceranos en Fornelos o seu espectáculo "Malabarabilidades". Esta é unha actividade que forma parte do Programa de Verán 2023 organizado polo Concello de Zas.
Rutas por Ponteceso
Tanto o Concello coas súas saídas nocturnas de Camiñar na Noite como Suso Lista cos seus roteiros patrimoniais, ofrecen interesantes propostas para andar en saídas nocturnas.
OUTRAS VISITAS
ANDAINA NOCTURNA E DIURNA POR PONTECESO
O ciclo andar na noite permite saídas os venres a primeira hora da mañá e da noite.
O CASTELO DE VIMIANZO
Está moi vivo o Castelo de Vimianzo este verán.
FARO VILÁN
O único faro da Costa da Morte que está aberto ao público é o Vilán, con exposición permanente sobre a súa historia e outras exposicións culturais.
AS TORRES DO ALLO
Teñen unha boa visita este verán as Torres do Allo, coas visitas teatralizadas, escape room e exposición de Pazos.
Ademais, esta finde hai sesións documentais da man do proxecto MAN.
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NO EU QUERO RAZO-BALDAIO
A contorna natural carballesa acolle unha marea de actividades medioambientais con varias entidades.
VISITAS NO MUSEO FERNANDO BLANCO
Os venres ás 11:00h podes programar a túa visita guiada polo Museo Fernando Blanco de Cee.