Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Carme, Castro e Carrilanas como principais atractivos dunha completa #AxendaCostadaMorte

Axenda de Festas do Carme Xullo 2023 Costa da Morte
Carme, Castro e Carrilanas como principais atractivos dunha completa #AxendaCostadaMorte

Fin de semana de vertixe a que se nos vén enriba neste ecuador do mes de xullo. Vertixe a que lle pode dar ao máis terrestre montar nunha procesión marítima do Carme, ou ao que vaia ver a baixada de Carrilanas pola costa do Maio, en Esteiro.

Pero hai moito máis na Axenda Costa da Morte.

Festas do Carme

Fin de semana do Carme, con citas especiais en Camariñas, Muros, Corme, Corcubión e Caión (ollo aos horarios das procesións marítimas), así como en Mazaricos e Zas.

 

Carrilanas de Esteiro

Vertixe a que nos van as carrilanas baixando pola Costa do Maio ou o que imos ter que bailar co festival de música ghallegha máis tremendo do país.

Festival e Baixada de Carrilanas Esteiro 2023 1

 

Castro Animado de Borneiro

O castro A Cidá de Borneiro acollerá o sábado 15 de xullo unha nova edición do Castro Animado, un dos eventos máis sinalados no estío cabanés co que as persoas asistentes poderán regresar á idade castrexa.

 

Rapa das Bestas de Areosa

Unha das citas etnográficas máis potentes da Costa da Morte é a Rapa das Bestas de Areosa, en Vimianzo, que cumpre ademais o seu 25 aniversario. Haberá actividades a longo do sábado e a mañá do domingo, pero a gran cita é o domingo ás 18:00h.

 

Rapa das Bestas Areosa-Vimianzo 2023

Merenda Campestre de Castrobuxán

Para os máis romeiros, non perdades a cita de Castrobuxán, en Vimianzo.

Merenda Campestre Castrobuxan 2023

 

Festas de Castrelo

Completa a serie de festas vimiancesas a de Castrelo.

Festas de Castrelo 2023

Festas de Golmar

Na Laracha queda a última tanda das Festas de Golmar coa festa do pulpo e o xamón.

Festas de Golmar Laracha 2023

Foliada das Neves

Foliada das Neves-Dumbria

O sábado teremos cita tradicional nas Neves, nun evento enmarcado no programa de verán do Concello de Dumbría e a visita á fervenza iluminada do Ézaro.

 

Un sábado de maxia e música en Sardiñeiro

O Mago Dani García e Cé Orquestra Pantasma amenizarán o sábado en Sardiñeiro.

 

Outras visitas

Andaina nocturna e diurna por Ponteceso

O ciclo andar na noite permite saídas os venres a primeira hora da mañá e da noite.

 

O Castelo de Vimianzo

Está moi vivo o Castelo de Vimianzo este verán.

 

Faro Vilán

O único faro da Costa da Morte que está aberto ao público é o Vilán, con exposición permanente sobre a súa historia e outras exposicións culturais

 

AS TORRES DO ALLO

Teñen unha boa visita este verán as Torres do Allo, coas visitas teatralizadasescape room e exposición de Pazos. Ademais, o venres, tendes esta visita.

Tania Caamaño e Andrés Boutureira nas Torres do Allo

ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS NO EU QUERO RAZO-BALDAIO

A contorna natural carballesa acolle unha marea de actividades medioambientais con varias entidades.

Comentarios