Ferroatlántica: Un novo martes ás portas do Concello de Cee

Unha nova Concentración de martes de Ferroatlántica

Continúa o calendario de mobilizacións do Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría-CCHH. A de onte foi unha nova concentración de tarde de martes ás portas do Concello de Cee, para continuar esixindo un plan de Viabilidade e o cumprimento concesional para manter vinculadas produción hidroeléctrica e industria.

Unha concentración en defensa do Emprego nunha comarca castigada como a da Costa da Morte.

O Comité segue denunciando o silencio da Xunta, que considera que a situación non é grave, ao tempo que denuncia as fábricas xa notan as “consecuencias da venda especulativa”, funcionando con fornos rebaixados, materias primas de peor calidade…

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Artigos relacionados