Martes. 19.03.2024
El tiempo

#FERROATLÁNTICA

“O de Ferroatlántica é un caso de libro da política industrial de Feijoo”

  • O BNG esixe o Plan de Viabilidade e pide unha Comisión de Investigación no caso Ferroatlántica.
  • O PSdG demanda ao goberno galego para que impulse un plan de viabilidade e investimentos dirixido a modernizar os fornos e garantir o futuro da empresa.
Imaxe da concentración deste martes por un Plan de Viabilidade para Ferroatlántica
Imaxe da concentración deste martes por un Plan de Viabilidade para Ferroatlántica
“O de Ferroatlántica é un caso de libro da política industrial de Feijoo”

A pasada tarde de martes 17 de setembro celebrábase unha nova concentración de traballadores polo caso Ferroatlántica. Convocadas polo Comité, e despois da unidade demostrada a pasada semana, esta vez a concentración tivo só participantes do BNG, ademais de numerosos traballadores. Pero xa se sabe, nunha loita tan continua coma esta, ten que haber algunha cita multitudinaria e moitas citas pequenas.

Ademais das arengas habituais, os membros da CIG no Comité explicaron a visita que ían realizar hoxe mesmo no Parlamento Galego, facendo diferentes xuntanzas cos grupos parlamentarios. Foi o voceiro do Comité, Alfonso Mouzo o que deixou claro no Parlamento que “non temos un só documento nin da Xunta nin de Augas de Galicia respecto á compra-venda das prantas de Cee e Dumbría a un fondo norteamericano”.
Nese sentido lembrou que “Feijoo dixo en sede parlamentaria que ía esixir un Plan de Viabilidade a Ferroatlántica, vendese ou non, e estamos aquí para esixirllo”. E avisa: “Estamos mantendo concentracións diante do Concello de Cee, e non imos parar”.

BNG: ”Un caso de libro da política industrial de Feijoo”

Reunion do Comite Ferroatlantica co BNG

A voceira nacional do BNG lembrou que se trata dun “caso de libro da política industrial de Feijoo. Como lle permite a un amigo do PP que faga caixa cos recursos narturais de Galicia, para sanear as súas débedas, creando incerteza no futuro industrial do país. Ademais Villarmir faino dun xeito absolutamente gratis, porque non hai un compromiso do mantemento dos postos de traballo, e mesmo Villarmin non retira o recurso ante a negativa de Augas de Galicia pola segregación ilegal da fabricación de ferroaliaxes coa produción hidroenerxética”.

”Ante esta operación especulativa, o goberno de Feijoo non actúa, e non se pon do lado dos traballadores”, critica Pontón.

Plan e comisión

Así, o BNG vai facer dúas peticións ao goberno galego. “Pedimos, polo menos que Feijoo cumpla a súa palabra pois este mesmo ano se comprometía en sede parlamentaria que ía esixir un Plan de Viabilidade”.

Ademais, “falaremos co resto de grupos para pedir unha comisión de investigación para termos claridade e transparencia sobre a venda das fábricas e tamén sobre a xestión ao longo de todos estes anos. Queremos saber se os beneficios das centrais revertiron na Costa da Morte ou houbo fraude de lei e e acabaron fuxindo do país ou financiando algunha campaña do PP”.

PSOE: "Unha solución de futuro"

Fernández Leiceaga Ferroatlántica2

Tamén recibiu ao Comité o voceiro do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que volvei esixir a implicación da Xunta para acadar unha “solución de futuro” que pase por un plan de viabilidade para as plantas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría. 

O responsable socialista denunciou que a Xunta se manteña “ausente, sen dar información nin responder de requirimentos”, polo que esixiu “máis implicación da Xunta de Galicia” para defender á plantilla “con transparencia, información e unha xestión activa na busca dunha solución de futuro para as actividades de ferroaleacións” na Costa da Morte.

Anunciou que os socialistas levarán ao Parlamento a demanda ao goberno galego para que impulse un plan de viabilidade e investimentos dirixido a modernizar os fornos e garantir o futuro da empresa.

Lembrou que a situación da empresa, que segue a ser xestionada por Villar Mir en virtude do contrato de venta a Ithaka Partners, xera “preocupación e incerteza no Comité de Empresa”, o que “é compartido polo Grupo Socialista e polos alcaldes e alcaldesas socialistas da Costa da Morte”, que hai dous días mantiveron un encontro en Cee. Sinalou á “xestión que poida facer Ferroglobe polo que afecta ao nivel de actividade e o emprego na empresa”.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios