Sábado. 21.09.2019
El tiempo

A Xunta autoriza a cancelación do leasing das fábricas de Ferroatlántica sen esixir un plan de viabilidade

A Xunta autoriza a cancelación do leasing das fábricas de Ferroatlántica sen esixir un plan de viabilidade
A maioría do Comité valora volver ás mobilizacións

As verbas da Consellería de Industria semellan papel mollado xa para a representación da CIG e Independentes, que conforman a maioría do Comité de empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas (9 de 13 membros). Sobre todo despois da autorización administrativa da cancelación do Leasing que tiña sobre as centrais sen que Ferroatlantica presente sequera un plan de viabilidade.

Unha autorización que, para o comité, “compromete o futuro da Costa da Morte”, e que contradín as propias resolucións da Xunta, a sentenza do TSXG, e mesmo as propias palabras do presidente da Xunta que asegurou que chegou a asegurar en sede parlamentaria que lle exisiría a Ferroatlántica dito plan, vendera ou non.

Dende o Comité piden ademais á Xunta que comparta a información da venda, como así se comprometera, e espera que promova reunións a catro bandas (Xunta, Ferroatlántica, TPG ÍTHAKA e comité).

A maioría do Comité segue desconfiando dos intereses das empresas para manter viva a fábrica, como o corrobora o anuncio de Ferroatlántica o pasado 7 de agosto de manter os recursos legais contra a resolución de Augas de Galicia nos que se denega a autorización para a segregación das centrais; e que tampouco vai retirar o ERTE.

Novas mobilización

Por todo isto, a maioría do comité conformada por CIG e Independentes, de non recibir contestación da Xunta nos vindeiros días, valorará un calendario de movilizacions e tomará todas as accións legais que considere oportunas para velar polos seus intereses e polo futuro industrial da comarca.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios