Luns. 26.08.2019
El tiempo

O persoal de Ferroatlántica continúa as protestas contra "os especuladores da enerxía" e para esixir a reactivación dos fornos

O persoal de Ferroatlántica continúa as protestas contra "os especuladores da enerxía" e para esixir a reactivación dos fornos
O persoal de Ferroatlántica continúa as protestas contra "os especuladores da enerxía" e para esixir a reactivación dos fornos

Segue o Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee e Dumbría e das centrais hidroeléctricas intentando conseguir o compromiso da empresa de arrancar os fornos. Para iso, onte, un venres máis, celebraron unha nova concentración ás portas da fábrica de Cee para denunciar a segregación encuberta que pretende facer a empresa, rexeitar que se especule coa produción eléctrica e na defensa do futuro industrial da comarca.

A incerteza segue sendo unha constante, con dous fornos parados dende o 1 de marzo, co ERTE que segue no aire sen aplicarse, e coa sombra das visitas de Ferrovial ás fábricas e centrais. De aí que ademais de continuar coas mobilizacións todos os venres pola tarde se formulen a posibiliade de promover unha mobilización a nivel comarcal.

Seguen pedindo á Xunta que faga valer as cláusulas da concesión dos saltos de auga, que vinculan a produción enerxética coa produción de ferroaliaxes, para evitar esa segregación encuberta que cren que trama a dirección da empresa, coa suposta venda a Ferrovial.

Sobre a enerxía, mentres o estatuto do Goberno Central segue nas mesas de negociacións, dnde a CIG propoñen que “as plantas de Cee e Dumbría poderían compatibilizar o sistema de compensación da interrompibilidade e o autoconsumo, o cal permitiría rebaixar considerabelmente o custe da enerxía”.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios