Venres. 18.10.2019
El tiempo

#FERROATLÁNTICA

“A Xunta non pode agardar máis para esixir o plan de viabilidade a Ferroatlántica”

Nova concentración de martes dos traballadores de Ferroatlantica ás portas do Concello de Cee
Nova concentración de martes dos traballadores de Ferroatlantica ás portas do Concello de Cee
“A Xunta non pode agardar máis para esixir o plan de viabilidade a Ferroatlántica”
“A Xunta non pode agardar máis para esixir o plan de viabilidade a Ferroatlántica”

Entre os fumes da precariedade, os traballadores de Ferroatlántica volveron saír á rúa no seu calendario de mobilizacións. Un martes máis concentráronse diante do Concello de Cee, desta volta cunha mensaxe clara e dirixida á Xunta de Galicia: “Non se pode esperar máis para que lle reclame á empresa o cumprimento da legalidade e presente o preceptivo plan de viabilidade”.

Un plan que adquire especial urxencia cando “xa se están a notar nas fábricas de ferroaliaxes as negativas consecuencias desta operación especulativa pactada entre FerroGlobe e TPG-Ithaka”, como se comprobou esta pasada semana cos problemas no forno 13 por culpa da peor calidade das materias primas utilizadas, segundo denuncia a sección sindical da CIG.

Cos fornos a medio gas, “esta caída da produción entra en contradición co feito de que Ferroatlántica debe consumir a enerxía adquirida na poxa de interrompibilidade (que remata a 31 de decembro) para non ser penalizada”, e lamenta a falta de comunicación da dirección en materia de seguridade.

Mentres, os traballadores focalizan na Xunta as súas iras. “Unha Xunta que segue sumida nunha pasividade inaudita", sen reunirse co comité, nin trasladar a documentación presentada pola empresa, nin esixirlle un plan de viabilidade para garantir a continuidade da produción de ferroaliaxes, o mantemento dos postos de traballo e que se respecte a cláusula esencial de vinculación da actividade das fábricas e da produción de enerxía.

Alcoa e Endesa si, Ferroatlántica non

Para o Comité é indignante “a indolencia no noso caso ante a actitude belixerante que o presidente galego e o conselleiro de Industria manteñen noutros conflitos como o de Alcoa ou o de Endesa, criticando precisamente ao Executivo español pola súa falta de actuacións e esixíndolle solucións urxentes. Pero cando se lle pide á Xunta que defenda o emprego e o futuro industrial naqueles ámbitos nos que ten plenas competencias, como no caso de Ferroatlántica, o Goberno galego mantense nun mutismo indignante e nin sequera ten a ben requirir a empresa para que cumpra a legalidade vixente en relación aos dereitos concesionais”.

Agardando que sexa do voso interese.

NOVAS DO CO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Artigos relacionados

Comentarios