Venres. 29.03.2024
El tiempo

CASO FERROATLÁNTICA

As primeiras reaccións dun Comité dividido e uns traballadores indefensos ante a venda das fábricas

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Imaxe da fábrica de Dumbría
As primeiras reaccións dun Comité dividido e uns traballadores indefensos ante a venda das fábricas

Chegou o que moitos esperaban. A venda das fábricas de Cee e Dumbría (non a de Sabón) e as centrais hidroeléctricas do Xallas por parte do Grupo Ferroglobe a un fondo de investimento estadounidense (asociado cunha empresa de Madrid que ten 3.500€ de capital social), está provocando xa a reacción no seo dos traballadores. Unha operación “especulativa que non é garante das fábricas e polo tanto dos postos de traballo”, que lembra á que a Augas de Galicia denegara en 2017, polo que dende o Comité esperan un posicionamento rotundo da Xunta.

Á espera da reunión que teñen este mércores no Comité, e da Asemblea de Traballadores do xoves (que será a que decida que medidas tomar), dende os grupos sindicais xa amosan a súa postura.

Se a CGT considera que “hoxe é un día positivo”, dende a CIG “non consideramos para nada positivo quedar de meroa subcontrata dun fondo de investimento estadounidense, cando só lle poderemos mercar e vender a Ferroatlántica. Se dentro do Grupo Ferroglobe xa nos trataban mal, como nos van tratarán cando esteamos fóra?”, pregúntase Alfonso Mouzo, voceiro da CIG.

Reunión coa Dirección

Se ben gran parte dos traballadores se enteiraron pola prensa, esta mañá o Comité mantivo unha longa reunión coa dirección das fábricas, nas que intentaron chegar a un acordo. “Se realmente estivésemos ante unha operación con todas as garantías legais, non nos pedían permiso aos traballadores para vender as fábricas e centrais”, sinalan dende a CIG.

Na reunión, a Dirección asegurou que os fornos reactivaranse en xullo, qeu haberá un Plan de investimentos de 14 millóns a 5 anos (que lembra moito ao presentado antes do intento da venda ilegal en 2007; ademais da retirada do ERTE e da garatía de fornezo de materias primas e de compra de produto final en igualdade de condicións de outros centros do grupo.

A CIG reclama a Xunta que interveña para impedir esta operación “fraudulenta”

Dende a CIG denuncia que “o proxecto de venda presentado por Ferroatlántica constitúe unha operación encuberta de segregación e venda das centrais hidroeléctricas, cuxos beneficios quedarían dentro de FerroGlobe mentres que as fábricas pasarían a ser unha especie de subcontrata, desvinculadas da produción de enerxía e sen garantías de viabilidade e mantemento dos empregos”.

"O acordo que nos presenta Ferroatlántica é a segunda parte da operación que intentou levar adiante no ano 2017 pero que non puido concluír por non ter autorización da Xunta", denuncia Mouzo.

A CGT ten unha visión positiva da situación

A visión da reunión da CGT é radicalmente distinta. Juan Villar asegura que “a empresa que nos comprou asume todas as condicións e cláusulas que rexen actualmente as concesións e que polo tanto queda garantida a viabilidade das fábricas. Creo que hoxe foi un día moi positivo”.

Os traballadores de a pé, “indefensos”

Sen entrar no comité, os propios traballadores queren manifestar que “estamos indignados porque nos enteramos da venta da nos fábrica pola prensa! Desde que empezou todo, en decembro do 2018 que pecharon 2 fornos e presentaron un ERTE que nunca se aplicou, Ninguén se dignou a darnos explicacións nin a contarnos que estaba a pasar. E con esta noticia xa é a gota que colma o vaso. Dedicáronse a dividir ao Comité prometéndolle a algúns certas cousas… e parece que o conseguiron. Ágora tanto o comité como os traballadores están divididos, vapuleados, indefensos é o peor… impasibles ante calquer actuación da empresa”, sinala unha das traballadoras da fábrica. “Que o director nin os xefes de departamentos nos informen da situación da empresa paréceme moi grave.”

Artigos relacionados

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios