Axenda da última fin de semana do 2013


Última fin de semana do ano e a cousa non decae. Aséntase a bisbarra como referente e podemos confirmar o crecemento de actividades culturais este curso na Costa da Morte. E co Apalpador presente, repasamos as citas para estes úlimos días do ano 2013.
As citas xa arrincan nesta tarde de venres coa Presentación da Revista Thaumazein e a entrega do Concurso de Fotografía de Corcubión, da man da UCV na Capela do Pilar.
Para esta noite teremos tamén unha simpática Festa de Pre-Fin de ano en Laxe e mais un concerto en Carballo de Dixie Town e de Hector Lera e Dous Calquera na súa casa, en Corcubión.
Pero ollo, que para os festexeiros, tamén teremos Festas de Pasarela-Calo coa Marbella!
Para o sábado 28 cálmase a cousa. Comezamos cun Obradoiro para nenos co gallo do 11 Aniversario do pasamento de Man de Camelle. E seguimos cun Concerto de Lírica Medieval en Muxía e cunha obra de teatro en Fisterra. Ademais, Vimianzo acollerá a presentación dunha documental sobre Carme Neira Marcos.
Xa pola noite, poderemos disfrutar dun orixinal Cabaret de títeres en Laxe, dun concerto de Machina en Carballo e do Green Fest Nigth da familia Xiria carballesa.
O domingo arrinca ás 18:00h co Concerto das Pandereteiras de Muxía, e segue cos Festival Benéfico de Vimianzo e co Festival de Nadal de Corcubión para rematar coa gran actuación de Carlos Blanco na Taberna O Ribeiro de Corcubión.
Máis información
Novas de Nadal
Programas de Nadal
- O deporte protagoniza o Nadal da Faba en Baio.
- Fisterra e Corcubión únense por solidariedade.
- Un Nadal de música, poesía e teatro en Cee.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- 50 cousas que facer este Nadal en Carballo.
- Vimianzo prepara un Nadal.
- Ponteceso continúa co seu Nadal Máxico.
- Zas prepara un Nadal de tradicións.
- Dumbría soña polo Nadal.
- Muxia xa ten o seu programa de Nadal.
- Menudo Nadal máxico en Ponteceso.
- Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).