QPC, exemplo de medio en galego no rural nunha mesa da EOI
Menudo orgullo que nos dá participar en calquera foro sobre a media en galego. O noso traballo como dinamizador da rede no rural costeiro, recudindo a fenda dixital nunha comarca illada como a nosa, e a nosa participación na vicepresidencia da Asociación de Medios en Galego, xa nos levou a dar algunha que outra conferencia, como a que desenvolvimos o ano pasado no marco do 10º aniversario do Galicia Confidencial.
Esta semana, tócanos participar nunha mesa redonda que organiza a Escola de Idiomas de Santiago de Compostela baixo o título “Os medios, enteiros en galego”. A cita será este xoves 13 de novembro, ás 18.30h, no salón de actos da EOI de Santiago de Compostela.
Será unha actividade imprescindible para coñecer de primeira man a situación actual dos medios de comunicación galegos, a través das variadas perspectivas das persoas participante. A entrada é libre e gratuíta.
Ademais do responsable de QPC Ubaldo Cerqueiro, participarán nunha mesa moderada por Aurélio Lopes (Irmandade TV), Olalla Rodil (Sermos Galiza), Xurxo Salgado (Galicia Confidencial), Raul Riós (Novas da Galiza).
Na mesa redonda, o público terá a posibilidade de resolver interrogantes como cantos xornais dixitais en galego se poden atopar hoxe en día, cantos quedan en papel, cal é a porcentaxe de información en galego, cal é a situación da radio e da TV, en que medida os diferentes medios se viron afectados pola crise, cales son as fórmulas de financiamento, cales as perspectivas de futuro…
Novas relacionadas
- QPC participou no 10 aniversario do Galicia Confidencial.
- A Amega denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos.
- #6anosQPC.
- QPC entre as 100 webs máis lidas de Galicia.
- Gran expectación arredor do #AlbumdaCosta.
- Un bo ano para os medios en galego.
- QPC: 5 anos informando na Costa da Morte.
Máis novas QPC
- Fotocolaboradores QPC: “Dende o seu punto de vista”.
- Descarga a túa APP de QPC no teu móbil.
- 2011: Un gran ano para QPC.
- II Encontro de Colaboradores QPC: Os colaboradores de QPC tomaron a palabra.
- QPC e outros medios lanzan a campaña Vitaminas par o Galego.
- QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza.
- QPC exporta información da Costa da Morte a toda Galicia Confidencial.
- QPC segue crecendo e se afianza como unha referencia informativa na Costa da Morte.
- 1 millón de visitas, 1 millón de gracias.
- Repaso ao 2010 para QPC.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- I Encontro de Colaboradores QPC: QPC presentouse en sociedade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).