1ª Autonómica: Os líderes da 1ª son da Costa
O partido da xornada 7ª da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra tiña tintes costeiros. I é que o líder visitaba o inexpugnable campo do 2 clasificado, cun resultado que deixa a liga moito máis apretada. O Sofán, imbatible na casa, pero non tan ben fóra dela, puido cun gran Baio, que se mantén líder con 2 puntos de vantaxe.
Caeu o Corme na casa e descende á 7ª praza, mentres Soneira e Malpica sumaron sendos empates caseiros que souberon máis sabrosos por Pedra Queimada que polo Municipal vimiancés. Segue preocupando a Esteirana, que non acaba de arrincar e caía de novo no Xosé Luís Vara, a pesar do eterno apoio da afección.
Sofán - Baio (3-1)
- SOFÁN: Bugy, Sito, Javi Souto, Félix Garrote, Rubén, Pablo Martínez, Martín, Eloy Boedo (Míchel, min.46), Raúl (Brais, min.78), Bertín (Leilán, min.67) e Iván Rojo (Marcos Pensado, min.85).
- BAIO: Dani, Fachal, Porto, Mario, Yago, Eloy (Alberto, min.46), Martín, Brais, Bieito, Christian e MC.
- Goles: 1-0, min.13: Yago en propia meta; 2-0, min.44: Bertín a centro de Iván Rojo; 3-0, min.48: Yago en propia meta; 3-1, min.50: Alberto de penalti cometido por Rubén sobre MC.
Partidazo no Carral entre os dous líderes da categoría, e dúas afeccións entregadísimas que ateigaron, con máis de 400 persoas, o campo carballés. Chegaba a Sofán un Baio imbatido, pero o Carral é moito feudo, e o cadro de Josito foi xusto vencedor, contando ademais ca fortuna de cara. I é que dous tantos foron en propia foron clave para manter a racha na casa.
Os dous equipos pelexaron ata a extenuación. Púñase de cara o choque para os locais cando o meta Dani despexaba un balón ante a presión de Bertín, o balón petaba no defensa baiés Yago e o balón colábase na propia meta visitante. Intentaba o Baio penetrar na segura defensa sofanista pero as mellores ocasións foron para os locais, cun balón ao pau de Raúl e dúas boas paradas de Dani a tiros de Rojo e do propio Raúl.
Clave foi o gol ao fío do descanso de Bertín, tras unha gran xogada de Iván Rojo por banda.
Comezaba a segunda co 3º tanto, noutra xogada desgraciada dos visitantes. Pero non se veu abaixo o cadro de Félix, que recurtou de inmediato, e que o intentou cun, coma sempre, combativo MC en punta. A mellor ocasión da segunda, unha fermosa falta que o capitán Martín estrelou na madeira defendida por Bugy.
Aquí o vídeo dos goles de Santi Soneira:
Corme - Flavia (2-4)
- CORME: Suso, Alejandro, Pandi, Aldofo, Adrián Doldán (Jose, min.46), Brais, Toniño, Diego (Dani, min.70), Juan Chans, Lucas e Alejo (Jesús, min.76).
- Goles: 1-0, min.8: Diego; 2-0, min.30: Adrián Doldán recolle un rexeite do porteiro a tiro de Alejo; 2-1, min.32; 2-2, min.57; 2-3, min.70; 2-4, min.92.
Deixouse o Corme 3 puntos no Cairo ante un Flavia que soprendeu cunha gran segunda metade. E iso que a marea azul arrincou coma sempre, apoiada por unha afección incansable, e co acerto de Diego e Adrián Doldán. Pero tralo gol de Adrián á media hora chegaba xusto o primeiro dos padroneses, que se metían de cheo no partido.
E na segunda, o Corme baixou lixeiramente o ritmo, cousa que aproveitou Flavia para meterse arriba. Non estaba fina a defensa cormelá e tres erros na saída do balón propiciou 3 roubos que non desaproveitou o cadro visitante para remontar o partido.
Baixa o Corme ata a 7ª praza, pero só a 4 puntos do líder.
Esteirana - Amio (1-3)
- ESTEIRANA: Fabio, Code, Uru, Álex, Saúl (Cajulo, min.55), Juan (Pesco, min.65), Pabliño (Maseiras, min.46), Simón (Tobío, min.80), Adrián, Serrano e Róber Pladur.
- Goles: 1-0, min.13; 0-2, min.42; 0-3, min.55; 1-3, min.82: Álex.
- Expulsións: Cajulo por dirixirse ao colexiado.
Unha semana máis haberá que esperar para ver a reacción dos esteiráns e levantar a cabeza na 1ª Autonómica. Non tiveron sorte neste encontro, a pesar da gran afección que encheu con 200 persoas o Xosé Luís Vara, pois tras un comezo igualado víase a Esteirana por debaixo nunha acción de loita ca defensa e levarse un balón por forza o dianteiro visitante. Continuou o equipo local presionando e xerando ocasións que non collían porta. Si tivo acerto o equipo de Santiago na beira da primeira tras un disparo lonxano. Gol nun momento crítico.
Despois víronse truncadas as ilusións dos locais, en gol tras rexeite de córner e así poñer máis costa arriba o encontro. Mantivo a cara a Esteirana marcando Álex no final e insistindo na búsqueda de algo positivo pero sen acadar máis proveito.
Malpica - Puebla (0-0)
- MALPICA: Pombo; Pablo Díaz (Gende, min.76), Diego, Alemán, Juan Rabuñal, Kevin, Joel Pereiro, M. Maradona, Rodrigo, Diego Alonso e Petís,
Saltou o equipo de Baña cun 11 plagado de baixas, no que hai que salientar o debut do xuvenil Gende. E o equipo vai collendo firmeza atrás, e se ben non tivo grandes ocasións para levar o partido, si que mellorou moito en actitude e intensidade, e sumou un punto que sabe a gloria.
Dominou o equipo visitante o control do balón, pero apenas foron 5 as chegadas dos barbanzanos en todo o partido. O xuvenil Petís foi o máis activo na punta de ataque, pero non tivo sorte cara gol nas poucas ocasións que tivo.
A este Malpica que quere construir Baña quédanlle moitos deberes por facer.
Soneira - Unión (2-2)
- SONEIRA: Anxo, Chans (Figueroa, min.73), Pichi, Maykel, Fran de Urroa, Mayor (De la Sierra,min.58), Sandelo, Richi, Javi, Nazo e Basti.
- Goles: 1-0, min.25: Basti de penalti cometido sobre Nazo; 1-1, min.55: tras un barullo na área a unha falta lateral; 1-2, min.80: de falta pola escuadra; 2-2, min.87: Javito pon unha falta na escuadra.
- Expulsións: un xogador e o adestrador visitante no min.25 e outro xogador do Unión no min.75.
Empatiño do Soneira na casa que sabe a pouco, pois o equipo visitante quedou con 9 sobre o terreo de xogo. En todo caso, nótase a melloría do equipo de José Ángel.
Foi un choque moi físico, con moito xogo no medio campo. Conforme ían pasando os minutos, o Unión cortaba máis o xogo que intentaba desenvolver o cadro soneirán, buscando un partido bronco.
A primeira chegada foi para os visitantes pero Maikel era quen de sacar o centro a córner. No ecuador da primeira, unha xogada perfecta pola banda de Javito, que consegue centrar e cando Nazo vai rematar de cabeza un xogador o empurra por detrás e o colexiado sinala o punto de penalti e a expulsión do xogador por doble cartón, e de paso ao adestrador visitante por protestar.
Sentoulle ben o gol ao Soneira que mellorou e dispuxo de máis ocasións, pero a defensa do Unión despexaba os balóns a saque de esquina.
Comezou mandando o Soneira na sgeunda, pero unha falta lateral era aproveitada, tras un barullo na área local, para que o Unión empatase a contenda. Seguiu percutindo o Soneira, e Nazo puido meter de novo aos seus por diante pero o seu forte disparon saiu lambendo o a escuadra. O Unión sufría unha nova expulsión pero cando mellor estaba o Soneira, chegaba outro gol a balón parado dos visitantes, cunha fermosa falta pola escuadra.
A resposta foi de Javito, con outra falta maxistralmente botada pola escuadra, para facer o empate cando só faltaban 3 minutos. Seguiuno intentando o Soneira, e no desconto Figueroa e Basti tiveron ocasións para levar o partido.
Crónicas da 1ª
- X.6: O Baio non perdoa e o Soneira pode co Sofán.
- X.5: Trío de cabeza con susto.
- X.4: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- X.3: 3 costeiros no grupo de arriba.
- X.2: Xa temos líder tras unha xornada co primeiro derbi.
- X.1: A 1ª Autonómica comeza para os nosos costeiros.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- Preferente: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- Análise e resultados desta xornada de anticiclón no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- 5 xornadas e xa temos o primeiro relevo nos bancos do Fútbol da Costa.
- Da carta de liberdade nas categorías inferiores.
- Farase finalmente o Curso de Adestradores Nivel 1 en Carballo.
- A Escola de Tecnificación do At. Madrid volve abrir as súas portas.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
- Lista dos pichichis da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora Óscar Basalo, Isma, blog do Malpica de Luís Porto, a SD Sofán.