3ª Autonómica: 5 equipos á caza do Ameixenda
Descansaba o líder, o imbatido Ameixenda tras 12 xornadas desta 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. E os 5 que forman o grupo perseguidor seguen “a tortas”. Nun só punto quedan Cerqueda, Lira, Coristanco, Corcubión e Nantón tralas vitorias de cerquedáns, lirachos e cabaneses e derrotas dos coristanqueses e corcubioneses.
Deu un paso atrás o Castrelo na pelexa por meterse nese grupo, pero está competindo moi ben. Mentres, parece que o Muxía se quere unir á loita polas 6 primeiras prazas, e o Coristanco foi un os primeiros que o paga.
Muxía - Coristanco (1-0)
- MUXÍA: José Antonio, Peski, Ruso (Tomás, min.75), Pataca, Martinciño, Esteban, Javi, Conguito, Gerardo (Rubén, min.90), Iván Lagoa e Víctor Alcaina (Antonio, min.85).
- CORISTANCO: Nacho, Jose, Rubén, Marcos, Facal, Joni (Pazos, min.46), Mato, Míchel, Toni, Moreno (Cholo, min.46) e Gonzalo.
- Goles: 1-0, min.76: Iván Lagoa por riba do porteiro.
Xogábase en Arliña este partido pois o da ida cambiaran de orde. E foi un choque de brega e moira loita, con dous equipos moi ben armados atrás e o vento como un xogador máis. Na primeira, o vento sumaba para o cadro local, pero as dúas primeiras chegadas eran anuladas por un gran, coma sempre, Nacho na porta coristanquesa. Pediron unhas mans dentro da área os locais mentres o equipo de Da Silva tivo unha ocasión un córner de Rubén que saíu fóra por pouco.
Na segunda comezou avisando o Coristanco, cun tiro de Gonzalo que saía lambendo o poste. Cholo tivo a mellor para os visitantes quedando só tras un erro de Ruso, pero José Antonio sacaríalle o balón.
Pouco despois, o Muxía presionaba un balón que botara fóra o cadro visitante, rouba o balón e Iván Lagoa marca un golazo por riba do porteiro, case que para pechar o choque.
Lira - Corcubión (3-2)
- LIRA: Peipo, Paki, Josiño, Eloy, Javi Pelos, Deme, Manu, Iago, Oli, Yanki, Pata. Ta,mén: Adrián Porto, Trozo, Germán, Cibrán e Yeray.
- CORCUBIÓN: Berto, Checho, Jose, Marco, Javi, Toja, Alberto, Lema, Gorka, Lourido e Javi Floreal (Balucho, min.70).
- Goles: 1-0, min.60: Javi Pelos a pase de Germán; 1-1, min.65: Checho; 2-1, min.66: Germán; 3-1, min.89: Pata; 3-2, min.92: Gorka.
Partido intenso, e disputado, cunha gran primeira metade pero que quedou sen goles dada a orde dos dous conxuntos. Rompeuse o choque na segunda metade, volveuse tolo con ocasións para os dous bandos. Avisaban os visitantes cun balón ao pau nada máis saír dos vestiarios, pero foi o Lira quen se adiantaba. Duraba pouco a alegría local pois Checho empataba de seguido. Pero nada máis sacar de centro, Germán rouba un balón e pon por diante de novo ao cadro liracho.
Varias ocasións dispuxo aí o Lira para sentenciar, mentres os corcubioneses protestaban a actuación arbitral. Era Pata o que sentenciaba ao fío do final, xusto antes de que Gorka, xa sen tempo a máis, recurtase.
Nantón - Laxe (4-3)
- NANTÓN: Guillermo, Carlos, Eloy, Félix, Diego, Dani Costa, Fabio (Dani, min.25), David, Luís, Martín e Lareu.
- LAXE: Anxo, Aarón, Jaja, Carlos, Bras (Roberto, min.65), Miguel (Jacobo, min.86), Samu Soneira, Borja, Roberto, Dani e Samueliño (Djamel, min75).
- Goles: 1-0, min.20: Félix de cabeza nun córner; 1-1, min.50: Dani aproveita un balón morto; 2-1, min.55: Luís tras unha internada de Lareu; 2-2, min.65: Dani de tacón; 2-3, min.70: Samueliño de penalti cometido sobre Dani; 3-3, min.80: en propia meta; 4-3, min.85: Luís.
- Lesión: o laxense Miguel.
Igualadísimo partido nas Fontiñas de Laxe, digo de empate, sen un dominador claro no que o Laxe demostrou estar ao nivel do resto de competidores. Adiantábase o cadro cabanés nun saque de esquina, mentres os locais tiñan varias accións pero sen fortuna.
A segunda metade volveuse tola, e os ataques superaron claramente ás defensas. Marcaba o Nantón, empataba o Laxe, marcaba o Laxe, empataba o Nantón. Ata que faltando 5 minutos, Luís faría o definitov 4-3.
Cerqueda - Castrelo (3-2)
- CERQUEDA: Ángel, Sergio, Atu, Dani, Pailos (Gesto, min.68), Lorenzo, Jhonny, Juanjo (Rubén, min.32), Darío (Dani Añón, min.80), Javi (Pedro, min.58) e Martín.
- CASTRELO: David Buxantes, Víctor (Suso, min.70), Pichón, Darío (Lucho, min.50), Capote, Luís, Quintáns, Roi, Israel, Félix (Edreira, min.53) e Stiven (Raúl, min.70).
- Goles: 1-0, min.10: Darío tras unha contra levada por Martín; 2-0, min.35: Javi dende a frontal nunha contra; 2-1, min.55: Edreira coa axuda dun defensa tras un córner peiteado por Luís; 3-1, min.67: Darío; 3-2, min.80: en propia meta.
- Expulsión: o porteiro cerquedán Ángel e o vimiancés Capote.
- Lesión: Gesto trala dura entrada de Capote. Os cerquedáns esperan que non vaia a máis a lesión..
Bo partido en Xaviña entre un Cerqueda que xa presentaba a súa candidatura a semana pasada ante o Ameixenda, e un Castrelo tremendamente mellorado que pode meterse na pelexa polas 6 primeiras prazas.
Foi un choque diferenciado polas dúas partes. O Castrelo saíu con gañas e sen medo avalado polas dúas vitorias seguidas anteriores e facía unha forte presión no campo do Cerqueda. Pero na primeria chegada, gol local por medio de Darío. O Castrelo, tras un bo comezo, veuse abaixo e se amosou algo falto de intensidade e desordenado, tendo ademais moitas baixas.
Á media hora de xogo Ángel foi expulsado por protestar un posible penalti a Darío minutos antes, eso fixo que os visitantes colleran ánimos para pelear, pero en outra contra Javi facia o 2 -0 no minuto 38 de forte disparo dende a frontal.
Quedaba moito partido, cun Cerqueda con 10 pero con 2 goles por riba. Na segunda saíu en tromba o cadro vimiances e cun gran cambio de actitude conseguían meterse no partido tras un córner, e cunha gran presión seguía poñendo ao Cerqueda atrás. Eso fixo volver a confianza os visitantes que , sen embargo, vía como novamente Darío facia o 3-1.
Pero o Castrelo reaccionou outra vez, e mentres o Cerqueda intentaba deixar pasar o tempo, chegaba o segundo dos vimianceses, que fixo poñerse nerviosos aos locais. No minuto 90 foi expulsado Capote por unha dura falta sobre Gesto, que saíu moi danado do xeonllo. Houbo que parar o partido mentres se atendia e esperaba pola ambulancia. Xa na prolongación, con 9 xogadores o Cerqueda, puido aguantar a sufrida vitoria.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- O San Lorenzo non frea.
- 1ª Autonómica: Tres vitorias por arriba e tres derrotas por abaixo.
- Preferente: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- Os 80 resultados e a análise da xornada do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- Un repaso a todos os pichichis do Fútbol Base da Costa.
- Un repaso a todos os pichichis da Costa.
- Entrevista de David Castro co meta coristanqués de 1ª División, Rubén.
- Os clubs poden cambiar os horarios nas categorias inferiores sen avisar ao rival.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).