Sábado. 11.05.2024
El tiempo

A Cantina agarra cunha man a Liga FS Cee

A Cantina agarra cunha man a Liga FS Cee
Liga FS Cee-ferralla sanmamede

Caía na xornada 16 o Estética Raquel ante o MáisDeporte. Pero non fallaba A Catina ante o pechacancelas, polo que a 1ª División da Liga de FS de Cee queda case sentenciada, pois os fisterráns quedan con 4 puntos de vantaxe sobre os muxiáns cando faltan só 2 xornadas para rematar o campionato.

Pola zona baixa, Carnés e Auto Xallas o ano que vén xogarán na 2ª División.

E precisamente, a loita polo ascenso está tremenda. 3 equipos están en só 2 puntos pelexando polas dúas prazas de ascenso. O Pescadors Corcubión superaban un partido complicadísimo antes os veteranos do Estrella Roja, e suma 2 puntos máis que Ferralla San Mamede e Panadería Pichín. Os primeiros superaban con moitas complicacións ao Bar Toba-Noacar mentres os da Panadería Pichín daban a sorpresa da xornada caendo ante o penúltimo da táboa, o Recunquiño.
As dúas vindeiras xornadas, sen enfrontamentos directos, serán claves!

De pichichis e porteiros menos batidos

Vai ser o fisterrán da Cantina, Bruno, goleador no Cee da Liga da Costa, o pichichi da tempada, pois xa leva 32. De lonxe lle seguen Ángel do Sar con 23 e Miguelón do MáisDeporte con 22. Mentres, na 2ª, o veteranos Fran Pioto, do Estrella Roja, demostra que polo seu olfato non pasan os anos e suma 29 co Estrella Roja, polos 22 de Isma, do Bar Toba.

Nos porteiros, o muxián Santi Papi, do Est. Raquel, é o líder, con só 24 goles encaixados polos 35 de Fran co seu Clín. Sar. Na 2ª, Bouzón do Pichín con 31, pelexará ata o final con Víctor do Ferralla e Trillo do Pescados Corcubión, ambos con 33 goles encaixados.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios