mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Copa da Costa toma o protagonismo

A Copa da Costa toma o protagonismo
O XSC eliminou ao Baio e vai pola Copa-Foto-Santi Diaz

Como se presenta esta última fin de semana de maio no Fútbol da Costa. Afrontamos o último mes de competición, con menos partidos pero coa mesma tensión. A Copa da Costa volve ser protagonista, con auténticos choques de infarto, que poderedes seguir xa en www.copadacosta.com.

Por un lado do cadro, 4 auténticos equipazos. Zas e Corme arrincan o sábado, pois o Zas xoga domingo a Fase de Ascenso, nunha das eliminatorias máis abertas, pero que conta co factor de que o cadro de Iván Cancela está centrado no ascenso. O domingo Ara Solis vivirá un auténtico partidazo. O Fisterra, aínda moi metido en competición, querrá parar as grandes aspiracións que ten o Sofán nesta Copa.
Polo outro lado, a sorpresa da Copa, o Seaia, recibe a todo un #ReideCopas como é o Cee, pero que non está na súa mellor temporada. E por abaixo, o XSC, xa coa permanencia conseguida, poderán centrarse na Copa, pero terá en fronte a un moi competitivo Camariñas.

O Zas, máis preto do ascenso… e o Montelouro da permanencia

Moi boa foi a semana para o Zas, que soubo que o ascenso do Puebla á 1ª Autonómica permite que haia 2 postos de ascenso no grupo. É dicir, 2 de 3 subirán polo que o Zas ten que estar aí. Despois do empate inicial ante o Palmeira, pode ser esta xa unha final ante un Tordoia ao que deixaría moi tocado se lle gaña na súa casa, porque sumaría 0 puntos en 2 partidos.

Está máis preto o ascenso do Zas e polo tanto, tamén a permanencia do Montelouro, que dada a súa clasificación se vía arrastrado polo descenso da Esteirana, pero no caso de ascender o Zas liberaría un posto na 2ª Autonómica que permitiría ao cadro loureán competir un ano máis na Liga da Costa.

Arrinca a Fase de Ascenso á 2ª

4 equipos, sen tempo a descansar nin a lamentarse, xa están na Promoción da 3ª Autonómica. Choques fantásticos os que viviremos en Lombáns, entre Lira e Coristanco, e no Novo Cubaleiro, entre Corcubión e Muxía. Teñen os Coristanco e Muxía o factor cancha a favor por quedar por diante na clasificación, e o mesmo acontecerá na final, onde xogará o segundo partido na casa o que máis arriba quedase na liga regular.

2 equipos con posibilidades de pasar eliminatoria nas Fases de Ascenso

Dumbría Xuvenil e Cabana cadete son os dous únicos equipos, dos 5 participantes, que teñen opcións de pasar á seguinte fase en busca da Liga Galega. Os dumbrieses son moi superiores ao Bastavales e o Cabana ten que aproveitar o factor “Redondas” tralo empate a 1 gol da ida.

Polo demais, o Corme cadete retirábase da competición tras ter que aprazar o encontro da pasada fin de semana por mor dun falecemento moi cercano ao club, e pola imposibilidade de retomar o partido durante esta semana. En Xuvenís, Os Miúdos, despois de case 2 meses de parón, voltaban algo frouxos fisicamente e sufriron unha dura goleada en Betanzos que será moi complicada de superar.
Mentres, en infantís, o XSC sucumbiu tras unha longa e cansada campaña con dous títulos xa no peto, ante o Fátima, e será moi complicado remontar na casa.

Rematando os Peques de F8, e un bo Torneo

Despois da fermosa Fase Final dos campións, só quedan as Ligas Norte en competición. E xa co Muxía campión en Benxamíns a falta de 2 xornadas, Cabana e Corme manteñen a pelexa nos Alevíns.

Ademais, poderemos tamén disfrutar tamén do potente Torneo de Fútbol Base da SD Sofán, con grandes equipos da Provincia para facer do sábado no Carral unha verdadeira festa do fútbol limpo.

Copa dos Veteranos

Fermosos choques nos Cuartos da Copa da Costa dos Veteranos, cun Coristanco-Agualada fantástico, ou un derbi soneirán entre Soneira e Baio moi interesante. Ademais, Cabana e Castriz medirán as súas forzas, igual que o Ponteceso e o Zas.


Copa da Costa, Ida dos Cuartos


Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 3

Tordoia31/05 - 18:00Zas

Promoción da 3ª, ida das semifinais

Promocion ascenso 3 Autonomica Futbolda Costa

Fases de Ascensos ás Ligas Galegas

Xuvenil:

4-0Betanzos - Os Miúdos30/05 - 18:00
2-4Bastavales - Dumbría30/05 - 17:00

Cadetes:

1-1Palas - Cabana30/05 - 17:30

Infantís:

4-0Fátima - XSC02/06 - 19:00

Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, Segunda Fase, Descenso Grupo Impar, xornada 13

Lugo31/05 - 12:00Dumbría

F8 Alevín Costa Norte, xornada 13

Cabana 29/05 - 18:30 Vimianzo
Baio 29/05 - 20:00 Coristanco
Corme 31/05 - 18:00 Muxía
  • Descansa Zas.

F8 Benxamín Costa Norte, xornada 13

Cabana 29/05 - 17:30 Vimianzo
Baio 29/05 - 19:00 Coristanco
Corme 31/05 - 17:00 Muxía
  • Descansa Zas.

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Dezaseisavos

Copa da Costa Veteranos 2015 Cuartos

Crónicas da semana

Comentarios