Resultados e crónica dunha xornada marcada pola permanencia do XSC e o ascenso do Ameixenda


Moitas cousas esta fin de semana marcada polas Eleccións, pero na que o Fútbol da Costa non para e así damos conta cos carruseles en directo en www.copadacosta.com e www.futboldacosta.com.
Nova sesión copeira
Intensos estiveron os choques de volta dos Cuartos. O Fisterra se metía directamente pola semana ante a renuncia do Ameixenda, que quixo centrarse na Fase, e se enfrontará ao Sofán, que xunto ao Zas, xa encarrilaran o ase na ida. E tamén o fixera o Castriz, pero se viu sorprendido por un gran Cee que fixo valer o seu papel de Rei de Copas e remontou un 4-1 cun 3-0 que os mete en Cuartos. Enfrontarase ao Seaia, outra das sorpresas da eliminatoria, pois remontou ante todo un Ponteceso e se mete na seguinte fase.
O sábadou houbo un dos partidos da semana, e o XSC superaba ao Baio e se metía nuns cuartos nos que terá que vencer ao Camariñas, que apurou un empate a 0 en casa, e ao que lle vale o valor doble do empate con goles colleitado na ida.
O partidazo da xornada, para dilucidar o rival do Zas nos Cuartos, xogábase no Cairo (retrasado por un funeral na vila cormelá). O Corme recibía ao San Lorenzo, e o cadro carballés intentouno pero non puido romper o empate sen goles que fai valer o goliño que marcou Lucas en Verdillo.
O XSC, un ano máis na Preferente
Necesitaba gañar o XSC, que depende de si mesmo, nesta última xornada para manter a Preferente - Senra Sport. E non o fixo, pero os empates da Sarriana co Noia e do Residencia en Dumbría danlle a sufrida permanencia ao equipo de Doro.
Fase de Ascenso á 1ª

Arrincou con empate o Zas a Fase de Ascenso á 1ª. O cadro de Iván Cancela, despois de meterse o venres nos Cuartos da Copa, empezou con empate ante o Palmeira, o equipo que vencera na primeira xornada ao Tordoia e que se mantén, polo tanto líder, desta liguilla.
Última xornada da 3ª
Menudo final da 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Ata o último suspiro non se decidíu o ascenso directo, cando o Ameixenda, de penalti, conseguía remontar ante un Lira que se relaxaba sabendo que o Nantón non fixera os deberes en Cerqueda e que xa estaba na Promoción. Por Coristanco, as novas corrían a través do noso carrusel, e o enfado facíase máis grande cando notaban que co seu partido finalizado, aínda quedaban 15 minutos para o remate do partido en Cee. Os coristanques consideran que é adulterar a competición, se ben o equipo de QPC puido comprobar que non houbo ningunha doble intención no transcurso do equipo no San Paio de Refoxos.
En todo caso, o Ameixenda conseguía marcar sobre o pitido final e convertirse xa en novo equipo da 2ª Autonómica.
O Coristanco terá que pelexar na Promoción con Corcubión, Muxía e Lira.
5 equipos nas Fases de Ascenso
5 equipos temos en competición nas Fase de Ascenso ás Ligas Galegas. Despois da primeira ocasión perdida, os tres campións uníronse na segunda fase aos dous segundos, e os resultados foron dispares.
En Xuvenís, o Dumbría conseguía un claro 2-4 ante o Bastavales e pensa na seguinte fase. Moito máis complicado o terá o equipo de Os Miúdos, que despois dun mes sen competir se atopaba cun gran Betanzos que lle superaba por 4-0.
En Cadetes, o Corme aprazaba o seu partido e o
Fases finais dos peques de F8

Competían os campións das ligas Sur de F8 as fases finais, e os nosos disfrutaban das fermosas fases. O Cee acodía con dous equipos, o Alvín a Caranza, Ferrol, e o Prebenxamín a Sigüeiro, mentres que o Fisterra acodía como campión Benxamín á fase en Laracha. Non tiveron sorte os nosos, pero o pasaron de marabilla en sendas festas do fútbol base. O Cee preb. e os fisterráns non pasaban a fase de grupos. Os alevíns ceenses conseguían meterse na semifinal quedando finalmente 4º.
Ademais, nas ligas comarcais aínda en liza, en Benxamíns Norte o Muxía xa celebrou o título de Liga a falta de 2 xornadas. Só quedan os Alevíns, Cabana e Corme teñen aínda dúas xornadas de fermosa pelexa.
Copa dos Veteranos
Xa temos Cuartos de final tamén dos Veteranos, con equipos como o San Román, fóra.
Copa da Costa, Volta dos Oitavos

Preferente - Senra Sport, xornada 38
Dumbría | 1-1 | Residencia |
Atl. Riveira | 3-1 | Xallas StComba |
Fase de Ascenso á 1ª Autonómica>
1-1 | Palmeira |
3ª Autonómica - Clínica Xunqueira, xornada 36
Laxe | 1-6 | Muxía |
Ameixenda | 2-1 | Lira |
Cerqueda | 2-0 | Nantón |
Castrelo | 2-4 | Coristanco |
- Descansa Corcubión.
Fases de Ascensos ás Ligas Galegas
Xuvenil:
4-0 | Betanzos - Os Miúdos | - |
2-4 | Bastavales - Dumbría | - |
Cadetes:
1-1 | Palas - Cabana | - |
Aprz. | Abanqueiro - Corme | - |
Infantís:
4-0 | Fátima - XSC | - |
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, Segunda Fase, Descenso Grupo Impar, xornada 13
Dumbría | 6-1 | Lalín |
F8 Alevín Costa Norte, xornada 12
Zas | 3-6 | Corme |
Muxía | 8-2 | Baio |
Coristanco | 0-2 | Vimianzo |
- Descansa Cabana.
F8 Benxamín Costa Norte, xornada 12
Zas | 1-10 | Corme |
Muxía | 4-2 | Baio |
Coristanco | 4-4 | Vimianzo |
- Descansa Cabana.
Fase Final Campionatos F8
Categoría Alevín – Sé Caranza – Grupo 2º Norte:
O Cee Alevín arrincaba a fase de grupos vencendo ao Compos por 4-0, seguíu cun empate a 1 co Bertamiráns e remataron caendo co Dépor por 5-0. Resultados que metían aos ceenses na semifinal, na que perderon, dun xeito moi apretado, co Racing de Ferrol por 2-1, para despois caer no 3º e 4º posto, xa dando minutos a todos os cativos, por 4-2 co Luís Calvo.
Categoría Benxamín – Sé Laracha – Grupo 1º Norte:
O Fisterra benxamín non pasaba da fase de grupos con derrotas ante o Dépor (9-1), ante o Galicia Caranza (3-0) e ante o Bertamiráns (6-4).
Categoría Prebenxamín – Sé Lino Balado, Sigüeiro – Grupo 2º Norte:
O Cee Prebenxamín caeron tamén na fase de grupos, despois de perder 0-2 co Residencia, 0-3 co Orillamar e 0-6 co Victoria.
Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Dezaseisavos

Novas relacionadas
- Alberto Pose: Queremos sanear o Fútbol da Costa?.
- Os Cee e Fisterra campións de F8 afrontan as Fases Finais en Laracha, Sigüeiro e Ferrol.
- O Zas non se rende e xa ten rivais para a Fase de Ascenso.
Crónicas da semana
- Ligas Galegas: O carnotán Martín decidíu o derbi para o Bergantiños ante o Dumbría.
- Fases de Ascenso: Ocasión perdida para os nosos campións.
- Copa da Costa: Sofán, Zas e Castriz dan un paso cara Oitavos.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda dá un paso cara o ascenso, e Corcubión e Muxía aseguran praza na Promoción.
- Preferente: O XSC de Doro fai os deberes e depende de si mesmo.
- Resultados e análise da xornada futboleira nas Letras Galegas.
Torneos estivais
- Louro, Santa Comba e Sofán acollerán novos torneos estivais.
- Primeira fornada de torneos de básket en Santa Comba, F7 en Zas, e FS en Vimianzo.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Primeiros títulos colleitados
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).