Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Preferente: O empate do Dumbría dalle a salvación ao XSC

Preferente: O empate do Dumbría dalle a salvación ao XSC
O XSC de Doro manten a categoria-Foto-Santi Diaz

Non fixo os deberes o XSC pero os resultados acompañaron e o equipo xalleiro xogará un ano máis na Preferente - Senra Sport. Salvou os dous postos de arrastres o equipo xalleiro despois dos empates da Sarriana en Noia e do Residencia no Conco. Clave foi a axuda do Dumbría con ese empate ante o cadro lucense para que teñamos, un ano máis, derbi na Preferente!

Ademais, temos nova de última hora, Iván Cancela será o novo adestrador a vindeira campaña, reemprezando a Doro, que asumiu o mando de urxencia nestes últimos partidos trala destitución de Rubén Coméndez. Iván Cancela, afronta os seus últimos dúas no Zas, e volve ás terras do Xallas, onde xa estivo como adestrador do cadro verde.


Dumbría - Residencia (1-1)

  • DUMBRÍA: Juan; Alcaina, Bryan, Pablo Conde, Pérez; Iago, Carreira, Diego Cespón, Darío, Adrián Nieto (Castro, min.72) e Javi (Martín, min.61).
  • Goles: 1-0, min.40: Pablo Conde; 1-1, min.82.

Partido soso no Conco, cun Dumbría que soubo manexar o partido ante a necesidade do cadro lucense, moi precipitado. O cadro de Canosa, con moitas novidades e dando minutos aos máis novos, controlou ben, e tivo ocasións para sentenciar, despois do gol de Pablo Conde antes do descanso. Pero a segunda metade o Residencia volcouse máis, e se ben á contra puido matar o partido o Dumbría, o Residencia empataba contra o final e metía medo no corpo, dos xalleiros.

Remata así unha gran temporada o cadro de Canosa, que cun equipo moi novo e sen experiencia non pasou apuros en ningún momento e remata en metade da táboa con 5 puntos.


Atl. Riveira - Xallas StComba (3-1)

  • XSC: Vicente, Alberto (Cristian, min.62), Oscarín, Rubio, Aarón, César (Choco, min.48), Jesús, Joshi, Pablo Baña, Kevin e Vía Rápida.
  • Goles: 1-0, min.18; 1-1, min.49: Pablo Baña; 2-1, min.58; 3-1, min.79.
  • Expulsión: Joshi no min.87.

Partido moi disputado na primeira parte con poucas ocasións por ambos lados, pero nun mal despexe de Rubio o balón sae cara atrás e deixa a Joseiño man a man con Vicente e marca.
Na segunda saíu o equipo de Doro a polo empate e nun balón que peitea Jesús, recolle o balón Vía que centra raso e entre Baña e Berto o esférico acaba entrando. Pero pouco tempo durou a alegría pois marca o Riveira de penalti un tanto que lles fai moito dano aos xalleiros. Aínda así Vía, Kevin ou Jesús tiveron ocasions para empatar pero unhas veces por precipitarse e outras por falta de forzas no treito final non conseguía marcar. Si que marcabanos locais xa contra o final, despois dun rexeite dun córner no que Joseiño faría un gran gol despois de dous regates dentro do área.

O mellor, sen dúbida, que os resultados acompañaron aos xalleiros e que un ano máis estarán na Preferente.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Comentarios