Martes. 10.09.2024
El tiempo

Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa

Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa
Ana Garcia do Anorthosis

Menudo o éxito de Ana García no Campionato Galego alevín de tenis de mesa. A xogadora do Anorthosis Vimianzo Ana García conseguiu tres pódiums noutras tantasa proba no campeonato galego alevín de tenis de emsa celebarado en Vilalba o domingo 7 de xuño.

Na proba individual quedou 3º e só superada por Claudia Canay (campioa) e Noa Bernárdez (subcampioa e coa que perdeu en semifinais).

Nos dobres femininos foi subcampioa formando parella con Claudia Canay (Narón Tm), na final perderon contra Noa e Luisa Pintos por un apretado 3-2. “

E tamén obtivo o 2º posto nos dobres mixtos neste caso a sús parella foi Alexandre Iglesias do Oroso TM e na final tamén foron superados 1-3 pola parella formada por Noa Bernárdez e José Manuel Rodríguez (Monteporreiro).

Con estes éxitos vironse recompensados os entrenamentos intensivos dos últimos 2 meses e dirixidos por Miguel Rey, responsable tamén deste éxito do tenis de mesa que o é tamén para toda a comarca. Ademais causou moi boa impresión a mellora mostrada por Ana aos responsables das selección galegas de base, e dende Zas contan con que proximamente sexa chamada a formar parte delas ou polo menos para entrenar cos e coas mellores de Galicia.

Neste campeonato tamén participou David Roget de Vimianzo, sendo o seu debut como xogador federado e só foi capaz de gañar un partido polo que non se clasificou para as eliminatorias finais. Pero el veu moi contento da súa participación e comprendeu que pagou os nervios da primeira competición seria. Tempo terá para alcanzar aos mellores pois maneiras e gañas non lle faltan.

Crónicas da temporada

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios