![MC diante de Martin no Baio-Sofan-Foto-Santi Diaz MC diante de Martin no Baio-Sofan-Foto-Santi Diaz]() 
Completa xornada do Futbol da Costa nesta calurosa fin de semana. Con sortes para todos os gustos, e coma sempre, despois das dúas tardes de carrusel tecnolóxico en directo a través da APP e de www.futboldacosta.com, traemos a crónica da xornada.
E, como non, arrincamos pola Preferente - Senra Sport, con sorte dispar para os nosos. Se os dumbrieses facían Conco un feudo inexpunable e vencían con claridade ao Chantada, colocándose con 12 puntos 9º na táboa, o XSC perdía unha boa ocasión para afundir ao Arzúa caendo na súa casa e quedando con 9 puntos na 14ª posición, agora a só 3 do descenso.
Foi o derbi da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra o partidazo da xornada. O líder, Baio, chegaba ao Carral para enfrontarse a unha SD que está a facer un grandísimo comezo de campaña, sobre todo na casa. De feito, a vitoria local deixa aínda ao cadro baiés líder, con 2 de vantaxe sobre os sofanistas, que soben á 2ª praza empatado cun sorprendente Cordeiro. 
Non foi boa a xornada para o resto de equipos costeiros na categoría. O Corme caía no Cairo ante un gran Flavia. Soneira e Malpica non pasaban do empate na casa ante Unión e Puebla, deixando ao cadro de José Ángel na 12ª praza con 9 puntos, e aos malpicáns aínda en descenso, con só 3 puntos e os cambios na dirección do equipo, á que hai que unir a baixa de Juan oBello. Con todo, o equipo que máis preocupa é a Esteirana, que caía na casa, outra vez, e segue pechacancelas con 2 puntos, iso si, a sóa 4 da salvación, e con moita marxe de mellora.
Completa a xornada na 2ª Autonómica - ES Bazarra, con algunha que outra sorpresa e moita tensión. Como a derrota do ata onte colíder, Zas, ante o Cabana en San Andrés, que deixa só en punta a un Castriz que non tivo piedade do Camelle e lle endosou 7, tras algún que outro lío en mabos choques. Seguen Outes e San Lorenzo á caza do cadro xalleiro, vencendo hoxe nada menos que en Ponteceso e Carnota. O Cee vai metendo a cabeza na zona alta trala súa apretada vitoria ante un bo Seaia.
Por abaixo, importante a vitoria do Camariñas, que supera ao propio Fisterra, mentres Montelouro e Camelle seguen afundidos. Os loureán non puideron co Porteño, que se coloca na zona cómoda.
Implacable o Ameixenda de Manolín que afianza o seu liderato na 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Os ceenses superaron o escollo de Arliña, ante un Muxñia en clara melloría, e sacan 3 puntos, cun partido menos, ao Nantón, que superaba o Lira en Lombáns nouro dos partidos da tarde. Ademais, o Coristanco vencía ao Cerqueda e vaise colocando, e o Corcubión non podía co Castrelo. Así e todo, vaise facendo unha fenda entre os 6 primeiros e os 3 de abaixo, Castrelo, Muxía e Laxe.
Non perdoan XSC e Dumbría na Liga Xuvenil Sur - MáisDeporte. Venceron a Muxía e Fisterra e se manteñen nas dúas primeiras prazadas, acompañados polos Miúdos, que vencía a un Corcubión que aínda non puntuou, nese trío que pasará á Previa da Fase de Ascenso. Pero ollo ca Esteirana, que está forte e vencía ao Outes colocándose a un punto dos seus veciños; e ao Fisterra, que a pesar de caer, prantoulle cara a todo un Dumbría. O Cee gañaba ao Castriz e tamén amosa as súas credenciais.
Polo Norte, varios choques directos que deixan o alto da táboa tremendamente apretado, con 6 equipos en 3 puntos. O Coristanco non pasaba do empate en Laxe, e o Cabana vencía ao outro colíder, Camariñas, superándoo na táboa e poñéndose con 15 puntos, empatado co Coristanco no máis alto. O Corme, tras vencer ao Malpica, mantense 4º con 13,  os mesmos que os camariñáns e que o Zas, despois de vencer o derbi co Baio. Completa o sexteto de arriba o Porteño, e iso que caía ante un Ponteceso en clara melloría.
Boas novas nas Ligas Autonómicas base. O Dumbría colleitaba a segunda vitoria na División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría en Ourense e se mete na zona morna. Ademais, o XSC sumaba a súa primeira vitoria en Compostela, e sae dos postos de descensoda Liga Galega Cadete. A única derrota foi dos infantís dumbrieses alonxándose da zona de arriba.
Pola volta, igualadísima a 1ª Cadete, despois da vitoria do Corme ante As Baleas, que chegaban líder ao Cairo. Os cormeláns tómanlle o relevo no máis alto, empatados co Cabana, que vencía ao Sofán, quedando a un só punto os camariláns, a Esteirana tras golear ao Baio; e a 2, o Fisterra, tras vencer pola mínima ao Ponteceso.
Mentres, en 1ª Infantil, o XSC mantén o liderato trala apurada vitoria ante un Corme ao que deixa a 4 puntos, empatado no grupo de perseguidores con Fisterra, Cabana e os Miúdos. Se o Cabana vencía ao Cee noutro choque importante, precisamente Os Miúdos métense tan arriba despois de vencer ao Fisterra, o que demostra o igualada que está a Liga.
Xa nos Veteranos, o Hosgran segue líder da 1ª División tras vencer ao Zas, pola mínima. Saca xa 5 puntos ao Dumbría, que vencí aao Cabana, e 6 a Coristanco e San Román. Precisamente o actual campión de Liga, o cadro coristanqués, suma 10 puntos pero é xunto ao Hosgran o único equipo que non coñece a derrota, pois conta só con 4 partidos no seu haber. 
Na 2ª División, descansaba o líder, o novato San Isidro-Razo, e o Erbecedo non o desaproveitou para empatarlle na táboa ao vencer en Nantón.
| Arzúa | 1-0 | Xallas StComba | 
| Dumbría | 3-0 | Chantada | 
| Corme | 2-4 | Flavia | 
| Esteirana | 1-3 | Amio | 
| Malpica | 0-0 | Puebla | 
| Soneira | 2-2 | Unión | 
| Sofán | 3-1 | Baio | 
| Carnota | 1-4 | San Lorenzo | 
| Cee | 1-0 | Seaia | 
| Montelouro | 1-2 | Porteño | 
| Mazaricos | 3-3 | Volantes | 
| Ponteceso | 0-2 | Outes | 
| Castriz | 7-1 | Camelle | 
| Camariñas | 2-0 | Fisterra | 
| Buño | 3-1 | Baíñas | 
| Zas | 1-2 | Cabana | 
| Lira | 0-2 | Nantón | 
| Corcubión | 1-1 | Castrelo | 
| Muxía | 1-3 | Ameixenda | 
| Coristanco | 2-1 | Cerqueda | 
| Esteirana | 2-0 | Outes | 
| Os Miudos | 4-1 | Corcubión | 
| Xallas StComba | 6-2 | Muxía | 
| Dumbría | 2-0 | Fisterra | 
| Cee | 4-0 | Castriz | 
| Camariñas | 1-4 | Cabana | 
| Laxe | 2-2 | Coristanco | 
| Porteño | 1-2 | Ponteceso | 
| Corme | 3-1 | Malpica | 
| Zas | 2-1 | Baio | 
| Compostela | 0-1 | Xallas StComba | 
| Os Miudos | 7-2 | Outes | 
| Corme | 3-0 | As Baleas | 
| Muxía | 4-0 | Coristanco | 
| Esteirana | 8-0 | Baio | 
| Cabana | 2-0 | Sofán | 
| Fisterra | 2-1 | Ponteceso | 
| Zas | 1-5 | Ponteceso | 
| Cee | 1-2 | Cabana | 
| Vimianzo | 4-1 | Esteirana | 
| Os Miudos | 1-0 | Fisterra | 
| Xallas StComba | 3-2 | Corme | 
| Sofán | 3-1 | Outes | 
Ligas de Veteranos, 1ª División, xornada 6
| Hosgran | 1-0 | Zas | 
| Dumbría | 3-1 | Cabana | 
| Laxe | 1-3 | San Román | 
| At. Milagrosa | 1-3 | Bértoa | 
| Soneira | 0-0 | Castriz | 
| San Lorenzo | 0-2 | Coristanco | 
| Ponteceso | 1-0 | Xv. Bergantiños | 
Ligas de Veteranos, 2ª División, xornada 6
| Sofán | 0-2 | Vimianzo | 
| Cerqueda | 2-1 | Camariñas S.D.V | 
| Poniente | 2-3 | Corcoesto | 
| Malpica | 1-2 | Dep. Carballo | 
| Nantón | 0-2 | Erbecedo | 
| Leiloio | 0-0 | Buño | 
| Porteño | 2-3 | Agualada | 
- Descansa UD San Isidro-Razo.
Máis información
Crónicas da semana