As Augas Bravas volven a Dumbría


A modalidade olímpica do piragüismo de Augas Bravas fai, un ano máis, parada en Dumbría, onde o vindeiro sabado 13 de xullo se celebrará a primeira competición da Copa de España das Xoves Promesas do Slalom Olímpico, competición reservada para a categoría Infantil.
E todo co proxecto do campo de slalom olímpico en cernes, para seguir demostrando o potencial que ten Dumbría e o río Xallas en materia deportiva.
Así, clubes de toda España xa confirmaron a súa presencia para competir no Campo de Slalom de O Couquiño, en Olveira, entre os que cabe destacar ó Cadí Canoe Kayak de La Seu d´ Urgell, que por primeira vez compite nunha Copa de España, o Atletico San Sebastián, e o Club Santiagotarrak de Irún, que son posiblemente os tres clubes máis potentes da península. Tamén confirmaron xa a súa presencia os clubes máis fortes de Galicia, coma Teixugos, Tea ou Valmiñor.
A participación local vese reducida a unha sóa participante, Kiara Martínez, que o fará tanto no K1 coma no C1 femenino, e que tratará de facer valer o feito de ser a palista local, con que conleva iso de coñecemento do río, ainda que non o terá nada facil, posto que palistas vascas e catalanas son as grandes favorítas para repartirse todos os peldaños do podium.
A competición non podería levarse a cabo se non vose pola indispensable colaboración de Ferroatlantica, que ademais de patrocinar ó CDM Piragüismo Dumbría, garantiza o caudal indispensable para a celebración da competición, así coma o Concello de Dumbría e a Asociación Neria, que colaboran para o perfecto desenvolvemento da competición.
Máis información
Novas relacionadas
- Os nervios agarrotaron aos piragüistas dumbrieses en Salvaterra de Miño que aínda así volven con 5 podios.
- “O campo de slalom sería tan positivo como o Camiño de Santiago”.
- O Piragüismo Dumbría repite o terceiro posto por clubes en Gondomar.
- O Piragüismo Dumbría volve da Copa Galega con 4 medallas e terceiros por equipos.
- Iago Canosa e Marco Oreiro volven con medalla da Copa de España de Piragüismo.
- O CDM Piragüismo Dumbría regresa de Irún con sabor agridoce.
- O Piragüismo Dumbría volve con dúas medallas demasiado custosas de Tomiño.
- Tres piragüistas dumbrieses na final proba internacional de O Fridao.
- Iago Canosa pon o listo moi alto nun prometedor arranque de campaña do Piragüismo Dumbría.
- O CDM Piragüismo Dumbría abre unha nova e ilusionante tempada.
- 30-09-12: O Piragüismo Dumbría proclámase Subcampión da Liga Galega no seu 5º ano.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Piragüismo de Dumbría, da man de X. Henrique Portela.